Saltar

Midsommar

Celebramos a chegada do verán!

Feliz Midsommar! Flores na cabeza, amorodos no prato e moito sol.

En Suecia, cando o sol brilla máis que nunca, toca celebrar unha das súas festas favoritas: o Midsommar. É tan importante como o Nadal, pero vívese ao aire libre, entre coroas de flores, bailes en círculo e moita comida rica.

Celébrase entre o 20 e o 25 de xuño, xusto cando o día é máis longo. As familias e amizades reúnense en parques, xardíns ou casas de verán, recollen flores e follas, e decoran un gran poste de madeira chamado Midsommarstång. Arredor del... empeza a festa!

E a comida? Un auténtico festín. Arenque adobado, patacas novas, pan crocante e amorodos con nata. Porque en Midsommar cómese ben, cántase forte e báilase sen parar.

Consulta os eventos na túa tenda máis próxima
vídeo de celebración de Midsommar, persoas brindando e gozando ao aire libre
Consulta os eventos na túa tenda máis próxima

Ver todos os eventos da túa tenda máis próxima

Cunha flor na cabeza e un roliño de canela na man,

Imos celebrar o Midsommar por todo o alto! Se vés á tenda os días 20 e 21 de xuño cunha flor na cabeza e es membro do club IKEA Family, agasallámoste cun roliño de canela GRATIS para consumir no restaurante.

Ver todos os eventos da túa tenda máis próxima

Que comece a festa no xardín!

En Suecia, celebramos o Midsommar con comida, adornos e diversión. Se o prefires, tamén podes chamala "unha festa no xardín". Convida as túas amizades, familiares e veciños, e quita a mesa grande. O posto de limoada está listo. E ti, segues aí?

Velaquí todos os produtos esenciais para o Midsommar
Un avó sentado nunha mesa de exterior decorada para unha festa ao aire libre. Hai unha nena sentada debaixo preparando unha coroa típica do Midsommar.
Unha mesa de madeira NORRMANSÖ preparada e decorada para a celebración do Midsommar nun xardín.
Unha mesa de exterior con vasos, pratos e unha fonte GARNERA chea de fresas durante o Midsommar.
Unha pequena mesa de xardín con vasos, pallas e limoada nun tarro VARDAGEN con billa, lista para os convidados dunha festa.
Hai dous nenos sentados no xardín, charlando. A nena está sentada nunha cadeira MAMMUT.
Velaquí todos os produtos esenciais para o Midsommar

Condicións legais

Promoción "Visita a tenda cunha flor e goza dun roliño de agasallo"
Se es do club IKEA Family, os días 20 e 21 de xuño de 2025, ambos os dous incluídos, por acudir aos nosos establecementos IKEA cunha flor na cabeza, entregarémosche un cupón físico que podes trocar por un roliño de canela no restaurante IKEA. Promoción limitada a un cupón por socio/a e suxeita a dispoñibilidade. Consulta as condicións de redención do cupón no seu reverso.