Saltar

Detalles de voda para todos os gustos

O teu día especial está cada vez máis preto: a voda!Seguro que xa tes todo pensado: a comida, a disposición das mesas, as cancións que van soar... Pero se aínda non pensaches nos detalles que lles ides dar aos vosos convidados e convidadas, aquí atoparás ideas de detalles de voda para todos os gustos.

Sigue a ler e fai un agasallo inesquecible para que lembren o voso día dun xeito único. Que comece a festa!

An acacia SMÅÄTA chopping board
A brass-colour GLATTIS coasters with holder

Que detalles de voda elixir?

Sigue estes consellos para atopar o agasallo ideal e único, que abraiará todos os convidados:

  • O agasallo ideal debe reflectir quen sodes e falar das vosas paixóns, afeccións ou soños. Se vos encanta coñecer novos sabores, un detalle gastronómico sería perfecto. Se a vosa afección son os xogos de mesa, un xogo de habilidade pode ser un agasallo divertido e significativo.
  • Pensa nun agasallo práctico, un detalle de voda que os teus convidados e as túas convidadas poidan usar e gozar no seu día a día. Seguro que así non acaba esquecido nun recuncho.
  • Personaliza todo o que poidas! Pon unha etiqueta cos vosos nomes, engade unha nota escrita á man ou unha tarxeta cunha frase que vos identifique. É o recordo físico que terán os vosos convidados e as vosas convidadas do voso gran día.
  • Toda a voda vai ter un mesmo estilo, e os detalles tamén teñen que reflectir esa estética.

 

Conseguirás que os teus seres queridos leven un gran recordo persoal. Que ganas de celebrar o día en grande!

Un bote con moitas ideas para os teus detalles de voda

Os nosos botes con tampa son ideais para agasallar eses detalles nos que estabas a pensar. Podes engadir o que se che ocorra! Dende algo doce (como bombóns ou lambetadas) ata froitos secos, e mesmo grans de millo para facer flocos de millo o día despois da voda.

Pero tamén pode ser algo máis persoal, algo da vosa zona, como mel, ou mesmo marmelada caseira con froitas de tempada. E, se non, podes agasallar unha planta dentro do bote: un xardín en miniatura. Nós poñemos o bote e ti deixas voar a túa imaxinación!

Detalles de voda nun bote con tampa de varias cores
Detalles de voda nunha mesa con etiqueta
Un bote con tampa cheo como detalle de voda
Detalles de voda personalizados para os convidados e as convidadas
A clear glass KORKEN jar with lid
Pantuflas nunha cesta como detalles de voda

Detalles de voda para seguir a bailar

Sabemos que, nalgún momento da voda, os pés piden un descanso. Para que poidan seguir a bailar ata tarde, unhas pantuflas cómodas son o detalle perfecto. 

É algo que utilizarán na súa vida cotiá, e son cómodas, unisex e ideais para toda a túa familia e as túas amizades.

En IKEA, atoparás pantuflas das tallas S/M e L/XL.

Ademais, podes montar unha mesa con todas as pantuflas, e que sexan os teus convidados os que collan o calzado segundo o seu talle. Pon un cartel ou un taboleiro cunha mensaxe divertida, e reparte o calzado por talles en zonas distintas.

Non esquezas que a mesa debe decorarse segundo o estilo da voda.

Detalles de voda eco-friendly

Cada vez somos máis as persoas que nos preocupamos por conseguir un futuro mellor e sostible. Sen dúbida, serán detalles únicos e especiais, pero sobre todo, útiles, cos que transmitiredes aos vosos seres queridos a vosa mensaxe.

As plantas son un bo detalle. Estaredes a agasallar vida que terán que coidar cada día. Tamén podedes probar con detalles que sempre estean á man, como unha bolsa de tea, a substituta perfecta das bolsas de plástico.

Detalles de voda para brindar

As copas poden ser un bo detalle para que brinden por vós durante moito tempo. En IKEA, temos unha gran variedade de copas de viño tinto, viño branco e cava, e mesmo vasos de cervexa ou de whisky.

Ata os máis pequechos poden recibir un vaso para unirse ao brinde!

Fai que este detalle de voda sexa aínda máis especial e engade un toque persoal. Podes entregar as copas nunha caixa personalizada cos nomes de cada convidado ou gravar directamente na copa unha mensaxe para cada un.

E se as acompañas cunha botelliña pequena de viño (ou de zume, para os máis pequechos)? A sorpresa encantaralles!

Detalles de voda de todo tipo

Todas as persoas adoran os doces... ou o salgado! Por iso, conquista os teus convidados e as túas convidadas a través do estómago. Crea un kit de almorzo personalizado para o día seguinte cunha cunca, un zumiño e unhas galletas. Será un detalle de voda práctico para que lembren momentos especiais mentres gozan dun almorzo delicioso.

Outro xeito é coas nosas candeas aromáticas. Escolle a que máis vos represente..., e a relaxarse! Se a vosa voda é en inverno, unha manta será perfecta para acompañar esas tardes de frío no fogar. Sodes máis tecnolóxicos? En IKEA, atoparalo todo: dende soportes para o móbil ata cargadores.

Detalles de voda para almorzar
An off-white/grey-beige GUNNEMOR throw
Detalles de voda tecnolóxicos para suxeitar o móbil
Detalles de voda fotográficos
Candeas aromáticas como detalles de voda

Detalles de voda para os máis pequechos

Non esquezas os convidados máis especiais: os máis pequechos da voda! Podes pensar en agasallos que os manteñan entretidos: coloca na mesa un kit de pinturas cun caderno para os máis creativos ou adoza o seu día cuns chocolates ou lambetadas.

Pedida de man en IKEA

Franz elixiu unha tenda IKEA como escenario para declararse a Juliana, a súa rapaza. Descubre o que fixemos para que ambos os dous comezasen a montar unha vida mellor xuntos. 

Detalles de voda orixinais

Non deixes pasar por alto este punto da voda, xa que é un dos aspectos máis importantes que considerar. Agasalla aos teus convidados e as túas convidadas un detalle inesquecible, útil e que lles axude a lembrar o voso día especial.

O máis importante é que o voso detalle de voda reflicta quen sodes como parella e conte algo da vosa historia. Poden ser detalles personalizados, inspirados nunha temática que vos apaixone, e que ademais encaixen co estilo da vosa voda. Tedes unha morea de posibilidades!

Uns detalles de voda orixinais e que abraian os vosos seres queridos.

E como dar os detalles de voda? Sempre é boa idea deixalos xa nas mesas, personalizados cos seus nomes; así, tamén saberán onde deben sentar. Se vas agasallar un mesmo detalle sen personalizar, utiliza unha mesa decorada para telos todos xuntos, e que os vaian collendo os propios convidados e convidadas. Ou o xeito máis clásico: entrega á man. É un bo momento para apertar todas as persoas que asistiron á voda e leriar con elas. 

Detalles de voda con moito gusto

Seguro que esta parte é a que máis dor de cabeza vos está a dar, e é que resulta complicado escoller o detalle perfecto para a vosa voda. Por iso, dámosche algúns consellos para que poidades atopar agasallos de voda orixinais que falen de vós.

Busca un agasallo que vos represente, que sexa algo relacionado coas vosas afeccións, os vosos soños... Que vos identifique. Elixe un detalle funcional que os teus convidados e as túas convidadas poidan usar, e evita que se converta nun agasallo que termine esquecido nun recanto. E, se é posible, personalízao todo o que poidas! Cunha etiqueta cos nomes ou unha nota persoal, un toque único fará que lembren a túa voda con agarimo.

Detalles de voda: Agasallos orixinais que perduran no tempo

Elixir o agasallo ideal para os teus convidados e as túas convidadas non só é un xeito especial de darlles as grazas por acompañarte nun día tan único, senón que tamén axuda a crear lembranzas inesquecibles. Podes elixir pequenos detalles que se aliñen coa decoración da túa voda ou agasallar algo máis persoal que se axuste aos vosos gustos e aos dos convidados. As opcións son infinitas! E sempre podes atopar algo que reflicta a túa personalidade e a da túa parella.

Abraia os teus convidados cun recuncho moi especial, unha mesa doce para adozar aínda máis a celebración.

Se queres descubrir máis ideas de agasallos e consellos decorativos a bo prezo, non perdas esta selección de mobles baratos e recomendacións.

Se buscas detalles de comuñón para facer que o día do teu pequecho sexa aínda máis especial, encantarache esta recompilación.