Saltar

Axuda a protexer as especies ameazadas

Na nova colección SANDLÖPARE descubrirás animais e insectos fascinantes con habilidades incríbles para sobrevivir na sabana africana. Como o guepardo, cuxas gadoupas funcionan como zapatillas de cravos, ou a suricata, que usa as súas manchas negras para reducir o deslumbramento do sol. Pero, a pesar dos seus superpoderes, moitos animais salvaxes están en perigo de extinción. Iso é o que queremos evitar.

Por iso, en IKEA, colaboramos con SEO/BirdLife para apoiar a restauración do Tancat de la Ratlla, un humidal clave no Parque Natural da Albufera, para dar un futuro ás especies en perigo de extinción. Descubre como podes axudarnos a conseguilo.

Unha colección de peluches SANDLÖPARE nunha sabana.

IKEA doa 1€ por cada peluche que merques

Afortunadamente, estanse a desempeñar moitas iniciativas de conservación para mellorar a vida dos animais en perigo de extinción. Por iso, por cada peluche que merques entre o 13 de outubro e o 30 de novembro, IKEA doaralle 1€ á fundación sen ánimo de lucro SEO/Birdlife a fin de apoiar a súa importante labor de darlles un futuro aos animais en perigo de extinción. 

Xuntos, podemos marcar a diferencia.​

Ver peluches

SEO/Birdlife

SEO/BirdLife é unha ONG decana na defensa das aves e da natureza en España. Con máis de 60 anos de traxectoria, leva décadas demostrando que protexer a biodiversidade é posible cando se unen a ciencia, a acción e as persoas.

Ten liderado proxectos pioneiros na recuperación de especies ameazadas e na restauración de hábitats naturais, sempre cun enfoque sostible e baseado na investigación científica.

O seu traballo en espazos como l’Albufera demostra que coidar das aves é tamén coidar do noso entorno, da nosa auga e do noso futuro.

bosque

SEO/Birdlife

SEO/BirdLife é unha ONG decana na defensa das aves e da natureza en España. Con máis de 60 anos de traxectoria, leva décadas demostrando que protexer a biodiversidade é posible cando se unen a ciencia, a acción e as persoas.

Ten liderado proxectos pioneiros na recuperación de especies ameazadas e na restauración de hábitats naturais, sempre cun enfoque sostible e baseado na investigación científica.

O seu traballo en espazos como l’Albufera demostra que coidar das aves é tamén coidar do noso entorno, da nosa auga e do noso futuro.

As especies ameazadas da sabana africana

Sabanak Lurreko azalaren %20 inguru estaltzen du eta klima beroetan aurkitzen da, Afrikan, Australian, Hego Amerikan eta Asian, basamortuaren eta basoaren artean. Larrez eta adar irekiko zuhaitzez osatua dago, eta euri gehiena urtaro bakar batean erortzen da. Animalia bakoitzak funtsezko rola betetzen du ekosistema hauskor hori mantentzeko.

O chimpancé, rebuldeiro mais sensible

Os chimpancés comparten o 98% dos xenes cos seres humanos. Ao igual que nós, emociónanse e abrázanse para demostrar afecto. Tamén gustan das bromas e comunícanse por medio de xestos, sons e expresións faciais. Grazas aos seus polgares e dedas opoñibles, son capaces de utilizar ferramentas e coller obxectos.

A pesar de que a caza de chimpancés é ilegal, a carne de animais silvestres segue a ser a principal fonte de proteínas nalgunhas rexións de África. Os chimpancés tamén son sensibles ás mesmas doenzas infecciosas ca nós, como o virus do Ébola e as doenzas respiratorias. O exceso de turismo representa un risco para eles.

Catro peluches de chimpancés SANDLÖPARE xunto a unha árbore durante o solpor.

O guepardo, veloz, mais fráxil

O guepardo é o animal terrestre máis rápido do mundo e o gran felino máis ameazado de África. Ten unha pelaxe beixe cuberta de manchas negras. Grazas ás súas patas longas e corpo esbelto, o guepardo pode atanguer unha velocidade de até 110 km/h en pouco máis de 3 segundos.

Os humanos estase a apropiar das súas terras para cultivar e por iso a poboación de guepardos está a diminuír. Consonte o seu espazo vital vai minguando, maior é a competencia con outros depredadores, que atacan as súas crías e róubanlles as súas presas.

Peluches de cría de guepardo SANDLÖPARE de cor beixe ao aire libre na sabana.
Primeiro plano dun peluche de guepardo SANDLÖPARE.
Un cativo nunha cama abraza un peluche de guepardo.
Un grupiño de guepardos e crías de guepardo de peluche SANDLÖPARE xogan e dormen nunha sabana bañada polo sol.

Os cachorros de guepardo seguen a cola da súa nai.

A xirafa, alta pero perseguida

A xirafa é o animal máis alto do planeta. É moi fácil de recoñecer, porque ten o pescozo longo e a pelaxe con pintas amarelas e marróns. É capaz de chegar ás pólas das acacias máis alta e a súa lingua dura, de cor negra azulada e de 50 cm de longo, fai que poidan moverse entre as espiñas sen mancarse. A xirafa é tamén moi importante para o ecosistema, xa que axuda a podar as árbores e a esparexer as sementes.

Lamentablemente, nos últimos 30 anos, o número de xirafas en estado salvaxe diminuíu case un 40% por mor da perda de espazo para pastar.

Tres peluches de xirafa SANSDLÖPARE nunha paisaxe de sabana iluminada polo sol.

A suricata, intelixente pero sensible ao clima

Como son o alimento de moitos outros animais, as suricatas sempre están á espreita por se houber perigo. Se ven un depredador, utilizan diferentes chamadas de advertencia, en función de se chega por terra ou por aire. Isto indícalle ao resto da manda como reaccionar: se se trata dun paxaro, a mellor defensa é agocharse baixo terra, mais se é unha serpe, todas deben unirse para escorrentala.

A suricata non é considerada unha especie ameazada nin en perigo de extinción. Porén, os seus fogares e sustento dependen do clima. As secas e as tormetas que asolagan as súas tobeiras poden afectar enormemente a súa supervivencia.

Dúas peluches de suricatas deitadas sobre edredóns a raias nunha paisaxe de sabana bañada polo sol.
Un cativo examina unhas peluches de suricatas cunha lupa.

Curiosidade pola conservación

É posible que pensemos nos animais salvaxes como algo case alleo, mais hai moitas cousas que podemos facer por eles sen necesidade de saír da casa. Ademais, aprender máis sobre estes animais e comprender as súas dificultades xa é un importante paso adiante. Velaquí tes outros exemplos de como podes axudar:

Protexe a natureza: coida da natureza e nunca deixes lixo, xa que non é bo para eles. 

Deixemos que o salvaxe siga a ser salvaxe: os animais salvaxes non nos pertencen. Teñen as súas propias familias e fogares aos que regresan e non hai que acaricialos. Para iso están as peluches.

Fai voluntariado no teu centro local de conservación da natureza: descubre que podes facer para axudar a fauna silvestre da túa zona.