Dous colaboradores de IKEA sentados nunha cadeira amarela, escoitando outra persoa e compartindo os seus valores e experiencia.

Quen somos

Valores fundamentais de IKEA

Ti ves as cousas de xeito distinto.
Nós tamén.

Consideramos que todo o mundo ten algo valioso que ofrecer. Somos un grupo diverso de persoas honestas e realistas ás que nos encantan os produtos de decoración do fogar. Vimos de distintas partes do mundo coa visión de inspirar e axudar as persoas para que vivan de xeito máis sostible e saudable.

O noso traballo baséase na unidade e o entusiasmo. Traballamos duro, pero divertímonos facéndoo. Xuntos construímos un ámbito diverso, inclusivo, aberto e honesto, e buscamos constantemente persoas que compartan os nosos valores e actitude positiva.

Guiámonos pola visión de IKEA de crear un mellor día a día para a maioría das persoas. Para nosos clientes, provedores, colaboradores e colaboradoras.

Sabías que...?

Se ti medras, IKEA tamén medra

Consideramos que todo o mundo ten algo valioso que ofrecer, e nos esforzamos por reflectir os nosos valores na nosa forma de traballar.

Unidos

O compañeirismo forma unha parte fundamental da cultura IKEA. Somos fortes cando confiamos os uns nos outros, cando remamos na mesma dirección e nos divertimos xuntos.

Coidar das persoas e do planeta

Queremos ser unha forza que impulse un cambio positivo. Temos a oportunidade de conseguir un impacto significativo e duradeiro, agora e para as seguintes xeracións.

Conciencia de custos

A maioría das persoas deberían poder permitirse produtos para a decoración do fogar ben deseñados e funcionais. Retámonos constantemente a nós mesmos e aos demais para conseguir máis con menos sen comprometer a calidade.

Sinxeleza

Comportarnos segundo unha forma de ser sinxela, honesta e práctica forma parte do legado que recibimos de Småland. A clave radica en ser nós mesmos e mesmas, e manter os pés na terra. Somos naturais e pragmáticos, e vemos a burocracia como o noso maior inimigo.

Renovación e mellora

Sempre estamos a buscar novas e mellores formas de seguir progresando. Sexa o que sexa que fagamos hoxe, poderemos facelo mellor mañá. Encontrar solucións a retos case imposibles forma parte do noso éxito e é unha fonte de inspiración que nos permite lanzarnos ao seguinte desafío.

Diferentes cun sentido

IKEA non é como o resto de empresas e gústanos que sexa así. Gústanos cuestionar as solucións existentes, pensar de forma pouco convencional, experimentar e atrevernos a cometer erros: sempre por un bo motivo.

Asumir e delegar responsabilidades

Cremos no apoderamento das persoas. Dar e aceptar responsabilidade é un modo de medrar e de evolucionar como persoas. Confiar uns nos outros, ser positivos e ambiciosos son trazos que inspiran a todos e todas a contribuír ao desenvolvemento.

Liderar co exemplo

Vemos o liderado como unha acción, non como unha posición. Interésannos máis os valores da xente que as súas habilidades e a súa experiencia. Queremos persoas que actúen e que prediquen co exemplo. Todo se basea en dar o mellor de nós mesmos e sacar o mellor dos demais.


Áreas de traballo en IKEA, por todo o mundo

Loxística e cadea de subministración

Levar un produto dun punto a outro ou dez mil produtos a todos os lugares. Sacas peito ante os desafíos estratéxicos e tácticos necesarios para garantir a dispoñibilidade dos produtos e a variedade IKEA en todo o mundo, coa máis alta calidade e ao custo máis baixo posible. Asegúraste de que os clientes e as clientas poidan comprar un produto BILLY por internet pola mañá e telo na casa antes de que remate o día.

Alimentación e restaurante

Queres crear unha experiencia fantástica para os clientes e as clientas de IKEA co sabor moderno de Suecia. Es consciente de que a comida xoga un papel importantísimo para crear un mellor día a día para a maioría de persoas, xa sexa nas tendas IKEA, no traballo ou nos fogares das persoas. A comida é a túa paixón, xa esteas tras os fogóns, abastecendo produtos, creando unha oferta atractiva ou servindo os clientes e clientas. Sobre todo, gozas cando a comida é honesta, saborosa e saudable.

Relación co cliente

Tratar coas persoas é algo que se che dá moi ben. Anticípaste ao que os clientes e clientas necesitan e queren en cada contacto con IKEA, xa sexa na tenda, por teléfono, en liña ou na casa. Ofreces servizos, recompilas comentarios e fas as cousas ben feitas. Forxas relacións. Grazas ao teu traballo, os clientes e clientas senten que teñen unha persoa amiga en IKEA. Queres facer amigos ou amigas?

Vendas e comercial

Queres traballar xusto onde a gama de produtos IKEA se encontra cos clientes e clientas. Onde sexa que estea, nas tendas IKEA, en liña de caixas, no noso catálogo e máis alá, proporcionas información sobre o mercado e o consumidor para o desenvolvemento da gama. Creas e utilizas ferramentas e solucións de vendas que conectan coas necesidades reais dos clientes e clientas. Máis que un comercial ou vendedor, es unha persoa emprendedora.

Decoración e visual merchandaxe

Dás vida aos produtos IKEA nas nosas tendas, no noso catálogo, na web e en moitos máis sitios. Combinas as cores, as texturas, os deseños e os mobles en solucións prácticas que emocionan, atraen e convencen aos que visitan IKEA de que tamén poden facer o mesmo. As túas solucións, deseños e presentación da variedade inspiran a maioría das persoas para levarse á casa os produtos e gozar dunha mellor vida no fogar grazas a eles. Demóstranolo!

Venda por internet

E agora que? Ti es quen guía o desenvolvemento e as operacións da empresa en todas as canles dixitais para converter visitantes en clientes. Demóstranolo! Inspiras as persoas coa gama de produtos IKEA en calquera lugar no que esteamos presentes: autobuses, salas de espera, tendas IKEA, na casa no sofá ou gozando dun bo baño.

Business, Consumer Insights & Analytics 

Axudas a que as persoas de IKEA tomen mellores decisións. Consegues información moi valiosa grazas á análise dos macrodatos. Analizas o negocio e os clientes e clientas para que as persoas de IKEA poidan tomar decisións baseadas en feitos. Coñeces as tendencias antes de que se convertan en tendencia. Entendes en profundidade o comportamento dos clientes e clientas e as vidas das persoas no fogar. E logo, convertes todo ese coñecemento nun mellor día a día para os clientes e clientas de IKEA.

Liderado e xestión

Non che dá medo o descoñecido. Es unha persoa a que lle motiva explorar. Sabes que non se trata de ti, senón de traballar en equipo. Comprácete ver como as persoas que te rodean medran e evolucionan. Anímalas a que experimenten, proben e se equivoquen, sempre e cando aprendan diso. Ademais, sabes ben que todos os pasaxeiros e pasaxeiras do avión chegan ao seu destino ao mesmo tempo.

Persoas e cultura

Apóiasnos na xestión de persoas baseándote nos valores de IKEA e nunha perspectiva única das persoas. Opinas que as distintas aprendizaxes e experiencias de todos e todas nos fan máis sabios e máis fortes. Traballas duro para incorporar as persoas máis adecuadas ao equipo. Creas unha base sólida para que poidan medrar e dar o mellor de si mesmas ao tempo que consolidan o negocio. Cres nas persoas.

Márketing e comunicación

Es a voz de IKEA en cada lugar e en cada canle nos que IKEA expresa as súas ideas. En palabras, en imaxes e quizais en mundos virtuais, e moito máis. A túa tarefa consiste en consolidar a marca e inspirar as persoas para que descubran o valor de todo o que lles ofrecemos. Tamén te encargas de informar e implicar os colaboradores e colaboradoras, e mantelos conectados nun ámbito empresarial en continuo cambio.

Finanzas, contabilidade e fiscalidade

Es analista e unha persoa influente. Encontras a realidade que se esconde tras as cifras para orientar o negocio de IKEA. Que hai que garantir para que se cumpran as leis locais e internacionais e as normas para informes? Que hai que garantir para que os procesos de contabilidade sexan eficientes e que o cumprimento fiscal coincida coas necesidades da empresa? Hai que ofrecer datos financeiros sólidos a un amplo abano de partes interesadas? Estás a traballar niso.

Administración e servizos de soporte

Estás preparado para calquera cousa. Telo todo baixo control. Gozas axudando aos demais a facer o que mellor fan. Máis rápido, con menos lea, menos problemas e dores de cabeza. Planificas os eventos e xestionas as listas de convidados. Evolucionas ata facer maxia coas tarefas administrativas e consegues que as oficinas, os procesos e as organizacións vaian como a seda. Grazas!