Moitas formas de medrar

Primeiro plano dun escritorio con moitos documentos en papel e colaboradores e colaboradoras debatendo sobre un proxecto nunha oficina de IKEA.

Moitas formas de medrar

En IKEA, ofrecemos moitísimas posibilidades de aprendizaxe e de desenvolvemento profesional. Animámoste a que probes diferentes postos, en distintos departamentos, e mesmo que vaias traballar ao estranxeiro (se o desexas).

Como líderes cremos nas nosas persoas, facémolas partícipes nos nosos procesos e preocupámonos por eles e por elas. Queremos que os colaboradores e colaboradoras se sintan importantes, e que o seu desenvolvemento persoal faga medrar a IKEA.

En IKEA ofrecemos moitísimas formas para medrar. Só ti decides o teu destino, o teu camiño e como chegas a el.

En IKEA ofrecemos un desenvolvemento profesional tan único coma ti

En IKEA ofrecemos un desenvolvemento profesional tan único coma ti

Colaboradores e colaboradoras dunha tenda IKEA na súa oficina, traballando en tarefas administrativas fronte ao ordenador.

Viaxa polo mundo con IKEA

As carreiras que ofrecemos en IKEA, lonxe de ser tradicionais, son tan únicas coma ti. Animámoste a que sigas as túas paixóns, probes novas funcións ou sigas medrando nun cargo que che encante. Hai moitísimas formas de medrar en IKEA. Adaptámonos ás túas necesidades. Ofrecemos oportunidades fabulosas tanto a nivel local como internacional. A túa traxectoria é única, segundo os teus plans de desenvolvemento e os obxectivos futuros de IKEA.

Podes traballar en calquera función e proxecto. Podes medrar traballando noutro departamento, unidade ou país. Non só serás parte dun contexto novo: tamén terás novas responsabilidades e unha perspectiva máis ampla de IKEA como empresa.

Sabíalo?
Se ti medras, IKEA tamén medra.

Cremos que todas as persoas teñen algo único que ofrecer. Descubre como é traballar en IKEA e bota unha ollada aos postos dispoñibles.

Áreas de traballo en IKEA, por todo o mundo

Loxística e cadea de subministración

Levar un produto dun punto a outro ou dez mil produtos a todos os lugares. Sacas peito ante os desafíos estratéxicos e tácticos necesarios para garantir a dispoñibilidade dos produtos e a variedade IKEA en todo o mundo, coa máis alta calidade e ao custo máis baixo posible. Asegúraste de que os clientes e as clientas poidan comprar un produto BILLY por internet pola mañá e telo na casa antes de que remate o día.

Alimentación e restaurante

Queres crear unha experiencia fantástica para os clientes e as clientas de IKEA co sabor moderno de Suecia. Es consciente de que a comida xoga un papel importantísimo para crear un mellor día a día para a maioría de persoas, xa sexa nas tendas IKEA, no traballo ou nos fogares das persoas. A comida é a túa paixón, xa esteas tras os fogóns, abastecendo produtos, creando unha oferta atractiva ou servindo os clientes e clientas. Sobre todo, gozas cando a comida é honesta, saborosa e saudable.

Relación co cliente

Tratar coas persoas é algo que se che dá moi ben. Anticípaste ao que os clientes e clientas necesitan e queren en cada contacto con IKEA, xa sexa na tenda, por teléfono, en liña ou na casa. Ofreces servizos, recompilas comentarios e fas as cousas ben feitas. Forxas relacións. Grazas ao teu traballo, os clientes e clientas senten que teñen unha persoa amiga en IKEA. Queres facer amigos ou amigas?

Vendas e comercial

Queres traballar xusto onde a gama de produtos IKEA se encontra cos clientes e clientas. Onde sexa que estea, nas tendas IKEA, en liña de caixas, no noso catálogo e máis alá, proporcionas información sobre o mercado e o consumidor para o desenvolvemento da gama. Creas e utilizas ferramentas e solucións de vendas que conectan coas necesidades reais dos clientes e clientas. Máis que un comercial ou vendedor, es unha persoa emprendedora.

Decoración e visual merchandaxe

Dás vida aos produtos IKEA nas nosas tendas, no noso catálogo, na web e moito máis. Combinas as cores, as texturas, os deseños e os mobles en solucións prácticas que emocionan, atraen e convencen aos que visitan IKEA de que eles tamén poden facer o mesmo. As túas solucións, deseños e presentación da variedade inspiran a maioría das persoas para levarse á casa os produtos e gozar dunha mellor vida no fogar grazas a eles. Demóstranolo!

Venda por internet

E agora que? Ti es quen guía o desenvolvemento e as operacións da empresa en todas as canles dixitais para converter visitantes en clientes. Demóstranolo! Inspiras as persoas coa gama de produtos IKEA en calquera lugar no que esteamos presentes: autobuses, salas de espera, tendas IKEA, na casa no sofá ou gozando dun bo baño.

Liderado e xestión

Non che dá medo o descoñecido. Es un explorador. Sabes que non se trata de ti, senón de traballar en equipo. Comprácete ver como as persoas que te rodean medran e evolucionan. Anímalas a que experimenten, proben e se equivoquen, sempre e cando aprendan diso. Ademais, sabes ben que todos os pasaxeiros do avión chegan ao seu destino ao mesmo tempo.

Business, Consumer Insights & Analytics 

Axudas a que as persoas de IKEA tomen mellores decisións. Consegues información moi valiosa grazas á análise dos macrodatos. Analizas o negocio e os clientes e clientas para que as persoas de IKEA poidan tomar decisións baseadas en feitos. Coñeces as tendencias antes de que se convertan en tendencia. Entendes en profundidade o comportamento dos clientes e clientas e as vidas das persoas no fogar. E logo, convertes todo ese coñecemento nun mellor día a día para os clientes e clientas de IKEA.

Persoas e cultura

Apóiasnos na xestión de persoas baseándote nos valores de IKEA e nunha perspectiva única das persoas. Opinas que as distintas aprendizaxes e experiencias de todos e todas nos fan máis sabios e máis fortes. Traballas duro para incorporar as persoas máis adecuadas ao equipo. Creas unha base sólida para que poidan medrar e dar o mellor de si mesmas ao tempo que consolidan o negocio. Cres nas persoas.