Só plástico reciclado ou renovable nos produtos de IKEA para o 2030

Unha muller comendo dunha caixa de IKEA feita de plástico a carón dunha botella de auga de plástico transparente.

Só plástico reciclado ou renovable nos produtos de IKEA para o 2030

O plástico está en todas partes por moitas razóns. Trátase dun material forte, duradeiro, lixeiro, versátil e tamén barato. Pero cómpre darlle un tratamento axeitado, do contrario, as consecuencias ambientais poden ser perniciosas.

IKEA quere exercer un impacto positivo nas persoas e no planeta. Queremos que para o 2030, todo o plástico dos nosos produtos estea composto de material renovable ou reciclado.

Xa imos camiño de acadar ese obxectivo: o noso plan consiste en substituír o plástico dun só uso por plásticos sostibles de distintos tipos nunha crecente serie de produtos.

Recipientes para a comida, cuncas, pallas e coitelería IKEA feitos de materiais 100% renovables.

Eliminación progresiva do plástico dun só uso

Os obxectos feitos de plástico dun só uso poden contaminar os ecosistemas se non se tratan con responsabilidade. Como parte do noso compromiso coas persoas e o planeta, para o 2020 imos eliminar progresivamente todos os produtos de plástico dun só uso da nosa gama global de mobles para o fogar. Entre estes inclúense pratos, cuncas e pallas de plástico. Os artigos de plástico dun só uso dos nosos restaurantes, bistros e cafeterías serán substituídos por materiais máis sostibles.

Primeiro plano de boliñas de plástico PLA branco e transparente, feitas de materiais renovables.

Un plástico renovable co que sentirse ben

Queremos facer produtos de plástico sostible para deleite dos nosos clientes. Feito de fontes renovables como millo, remolacha azucreira e cana de azucre no canto de plástico virxe a base de fósiles, o PLA é un exemplo de plástico que fai isto posible.

Un plástico perfecto para produtos infantís

Os produtos de plástico PLA son duradeiros e seguros, igual cós produtos de plástico de IKEA, só que o PLA ten una pegada ambiental menor. O PLA pode empregarse en moitas cousas distintas, incluídos produtos infantís e produtos en contacto con comidas, categorías cunhas esixencias de seguridade moi estritas. HEROISK e TALRIKA son as nosas primeiras series de produtos feitas completamente con plástico PLA. Ambas son seguras para seren utilizadas en microondas e lavalouzas, e pódense reciclar.

Dálle novos usos ás nosas bolsas reutilizables ISTAD

ISTAD, as nosas bolsas reutilizables e multifuncionais, están feitas agora maiormente (85%) dun material renovable proveniente da industria da cana de azucre. Resistente e reutilizable, ISTAD pódese utilizar unha e outra vez, o que permite reducir os desperdicios plásticos.

"O plástico é un material resistente e de calidade que se pode utilizar en moitas aplicacións distintas. Cómpre asegurarse de que o plástico que utilizamos provén de fontes renovables ou recicladas".

Alexander Grouleff, Xefe de Proxecto de Produtos Plásticos Reciclados e Renovables, IKEA of Sweden

O plástico reciclado pódese utilizar de moitas maneiras

Queremos abranguer todos os aspectos. Achar novas formas de traballar cos materiais reciclables é fundamental, e utilizar os refugallos como recurso achéganos a un futuro máis sostible. O plástico PET é o máis reciclado no mundo e pode utilizarse con moitas finalidades distintas. Conforme imos engadindo produtos feitos de materiais reciclados e renovables á nosa oferta, agardamos inspirar a outras empresas a que fagan o mesmo… estamos no mesmo barco!

Deixa menos pegadas na entrada da túa casa e minimiza a túa pegada ecolóxica con estes felpudos de plástico reciclado. Os felpudos MEJLS están feitos de seis botellas PET.

Utilizáronse vintecinco botellas PET recicladas para crear as superficies negras mate en cada fronte KUNGSBACKA. Este material inventouse da man dun provedor.

"O cambio só será posible se colaboramos con outros e fomentamos o emprendemento. Comprometémonos a encabezar un traballo colaborativo con outros actores: desde provedores de materias primas ata clientes e asociados".

Torbjörn Lööf, CEO, Grupo Inter IKEA

Xuntos podemos facer máis

Acadar o obxectivo de utilizar plástico con base reciclable ou renovable levará un tempo e requirirá novas formas de facelo, pero imos facernos responsables e atoparemos novas solucións. Queremos que os nosos clientes teñan a posibilidade de escoller produtos feitos de materiais sostibles que se poidan reciclar nun futuro. Xuntos podemos provocar un cambio!

Feitos sobre o plástico en IKEA

  • Para o 2030, só utilizaremos materiais reciclados ou renovables nos nosos produtos de plástico
  • Para o 2020, eliminaremos progresivamente o plástico dun só uso
  • O 85% do plástico das bolsas ISTAD está feito de materiais renovables provenientes da industria da cana de azucre
  • O plástico PLA (ácido poliláctico) está feito de fontes renovables como o millo, a remolacha azucreira e a cana de azucre