Non hai tempo que perder

Unha persoa con pulseiras pelando un plátano e tirando a pel nun cubo de reciclaxe VARIERA de IKEA nun caixón de cociña.

Non hai tempo que perder

Reciclar e reducir ao mínimo os residuos son formas esenciais de protexer o medio ambiente. Pode soar complicado e tedioso, pero hai moitas cousas que podemos facer todos, dende montar unha estación de reciclaxe na casa ata utilizar unicamente o que necesitamos só cando o necesitamos. Prepara a comida de toda a semana e garda as sobras no conxelador para máis adiante. Así non hai que extraer tantos recursos do planeta.

Falemos de lixo

HÅLLBAR é un sistema de reciclaxe modular que podes personalizar para crear unha solución completamente única. Os cubos son moi doados de transportar e, grazas ás tapas, os malos olores non escapan. Fabricada cun 70 % de plástico reciclado, a serie HÅLLBAR é boa para ti e para o planeta.

Sabías que...?

Aproximadamente un terzo dos alimentos que se producen para o consumo humano en todo o mundo pérdese ou desperdíciase.

Algunha vez cociñaches a cantidade xusta de pasta?

Imaxinabámonolo. Pero grazas aos recipientes para alimentos IKEA 365+, podes converter o exceso de pasta nunhas estupendas sobras. A tapa totalmente hermética evita salpicaduras e sela o aroma dos alimentos, así a comida que gardas se conserva fresca durante máis tempo. E iso tradúcese en menos desperdicio e máis satisfacción, así que a próxima vez, cociña todo o paquete.

¿Sabías que...?

Eliminar a carne e os produtos lácteos da túa dieta pode ser o maior xesto que podes facer para reducir o teu impacto sobre o medio ambiente. Estudos recentes demostran que esta opción pode reducir a pegada de carbono da túa alimentación ata un 73 %.