Destino: cero residuos, o camiño a un futuro mellor

Un montón de cartón engurrado e refugallos que se van reutilizar.

Destino: cero residuos, o camiño a un futuro mellor

O mundo que nos rodea móvese rápido, coma nós. Cambiamos o lugar ao que chamamos fogar con máis frecuencia que antes, compramos cousas novas e tiramos outras con máis velocidade que antano. De súpeto, o sofá quedou pequeno ou cansámonos do deseño. Deixamos as luces acendidas, mesmo cando estamos fóra.

Enchemos as papeleiras con cousas grandes e pequenas, día tras día. Consumimos (e gastamos) máis enerxía e recursos que nunca, o cal é unha mala noticia para o planeta.

Pero, e se entre todos puidésemos cambiar as cousas? En IKEA traballamos sen descanso para facer o que está na nosa man, e queremos axudarte para que poñas o teu gran de area. Vemos os residuos como un recurso de valor. IKEA leva nos xenes o uso responsable dos recursos, crear máis con menos e optimizar as operacións loxísticas. Porque sabemos que, se producimos menos residuos, poderemos deixar un planeta máis limpo e saudable ás xeracións futuras.

Unha foto cunha botella de plástico e edredóns IKEA GLANSVIDE enrolados, cuxo recheo está feito de plástico PET reciclado nun 70 %.

O 70 % do recheo do edredón GLANSVIDE obtense de plástico PET reciclado.

Reinventamos o noso xeito de traballar

Meditamos sobre o noso xeito de traballar, dende como eliximos os materiais que usamos ata o xeito de deseñar, producir, transportar e vender. Interesámonos mesmo polo que lles acontece aos nosos produtos cando remata a súa vida útil.

Buscamos constantemente novos modos de usar recursos renovados e reciclados como materiais, redeseñamos a produción dun produto da nosa variedade para que sexa máis sostible e tamén procuramos facer produtos que os nosos clientes poidan reutilizar, reparar, volver montar e reciclar. Ademais, sempre intentamos aforrar a maior cantidade de enerxía posible nas nosas operacións.

TÅNUM é unha alfombra fabricada con retallos da nosa produción de roupa de cama.

Creamos co que xa temos

Algunha vez intentaches crear algo novo a partir de cousas que encontraches por casa? Esa é a nosa aspiración cando desenvolvemos un novo produto: buscar maneiras de ser sostibles usando sobras doutras producións ou materiais reciclados é o tema estrela do noso proceso de deseño. O resultado é que podes comprar produtos feitos totalmente a partir de materiais sobrantes ou reciclados.

Sabías que...?

O noso obxectivo é obter os nosos materiais principais de fontes máis sostibles antes de 2020. Xa o conseguimos co algodón en 2015.

Unha colección de oito sofás IKEA KLIPPAN amoreados con fundas extraíbles, en distintos deseños e cores.

Reinventa, reordena e volve montar

Son moitas as posibilidades de traballar unidos para reducir os residuos. Unha posibilidade é deseñar produtos que poidas reinventar cando te canses deles. Como moitos dos nosos sofás, KLIPPAN ten outras fundas para el. Se te cansas dun deseño ou se mancha con algo que non saia, só tes que comprar unha funda nova, en lugar doutro sofá. Así reduces o volume de residuos e dáslle un aire totalmente novo.

Dous módulos do sofá de tres prazas IKEA VIMLE en verde escuro. Inclúen fundas de sofá extraíbles para cambiar de estilo.

Algúns sofás, como VIMLE, ofrecen moito máis que iso: non só podes cambiar a funda, senón que tamén podes cambiar a orde dos módulos para crear un novo deseño.

Isto mesmo aplícase a moitos dos nosos sistemas modulares de parede e armarios. Podes comprar unha combinación e engadir ou quitar elementos para crear unha nova.

Sabías que...?

O 98 % dos materiais dos nosos produtos de decoración do fogar, incluídas as embalaxes, están feitos de materiais renovables, reciclables ou reciclados.

Aforramos enerxía para un futuro con máis luz

Cando falamos sobre gasto non nos referimos só aos recursos, senón tamén ao consumo enerxético. O obxectivo do Grupo Ingka é ser o máis positivo posible para o planeta e as persoas. Por iso, o noso obxectivo para 2020 é ser 100 % renovables, é dicir, ser capaces de xerar a mesma cantidade de enerxía renovable que consumimos (como por exemplo, eólica ou solar). Ademais, estamos a traballar para que as nosas instalacións sexan máis eficientes e o seu funcionamento requira menos consumo de enerxía.

Pero aínda hai máis. A día de hoxe, recibimos máis do 50 % dos nosos produtos nas nosas tendas directamente de mans dos provedores, o que significa prezos máis baixos e menos vehículos involucrados. Ademais, a embalaxe dos nosos produtos está deseñada para que sexa o máis compacta posible para encher os palés do xeito máis eficiente. Moitos dos nosos produtos véndense en paquetes planos: son doados de transportar tanto polos clientes como durante as nosas operacións loxísticas. Ti benefíciaste duns prezos máis baixos e, nalgúns casos, tamén dun menor peso e unha montaxe máis sinxela. O planeta benefíciase da redución de emisións de CO2.