Como reciclar e non desperdiciar comida para aforrar e sermos máis sostibles

Consellos para reciclar na casa

1) A regra dos 3 erres

Coñeces os "3 erres"? Son esas regras que conforman un modo de vida sostible: reciclar, reutilizar e reducir. Reciclar todos os nosos envases, vidros, plásticos e lixo orgánico. Reutilizar as bolsas de tea, os botes e os alimentos na medida do posible. Reducir a cantidade de lixo que xeramos optando por comida que teña un envasado realizado dun xeito máis sostible e eficiente. Pero ademais de coidar o planeta, aplicar os 3 erres a diario tamén che supoñerá un aforro de cartos importante para o teu peto.

2) Trucos para reciclar correctamente

Todos e todas podemos reciclar e reducir os residuos, tanto nos fogares coma nas grandes empresas. E podémolo facer de moitos xeitos: tendo un balde para cada tipo de lixo ou un separador para un só balde, etiquetando os tipos de lixo para telos identificados e non confundirnos, reutilizando as bolsas de tea ou os frascos de cristal, etc.

Aquí tes máis ideas doadas para reciclar na casa

3) Solucións de reciclaxe para cada fogar

Sabemos que hai tantas formas de reciclar como persoas e tipos de cociñas! Por iso creamos un sistema modular que se pode personalizar, ocupa pouco espazo e axuda a separar os residuos dunha forma que resulte práctica. Os cubos son moi doados de transportar e, grazas ás tapas, os malos olores non escapan.

Ver todos os produtos da serie HÅLLBAR

Cubo con botellas de plástico para reciclar

Como evitar o desperdicio de comida

Reducir a cantidade de comida que tiramos ao lixo é fundamental. Segundo a FAO, desperdíciase preto dun terzo dos alimentos colleitados no mundo; isto quere dicir que se tiran 1300 millóns de toneladas de alimentos ao ano. Moitas veces cremos erroneamente que non nos queda máis remedio, pero hai moitas cousas que podemos facer e moitas rutinas que debemos interiorizar ata que vexamos como as sobras que acaban no lixo diminúen considerablemente. É cuestión de cambiar o chip e de seguir algunhas rutinas como estas:

1) Frascos herméticos

Adoitamos comer o que vemos. En canto chegues do supermercado, garda os cereais, a pasta e o resto dos alimentos secos en recipientes marcados ou transparentes para facilitar a elección dos menús.

Ver todos os botes IKEA 365+

2) Fai conservas e conservas en vinagre

Os nosos recipientes da gama KORKEN están feitos cun mínimo dun 40 % de vidro reciclado e son ideais para gardar as conservas, marmeladas e conservas en vinagre que fagas na casa.

Ver todos os botes KORKEN

3) Cociña e aforra

As sobras están moi ben, pero quen quere cear lentellas cinco días seguidos? Prepara a comida de toda a semana e garda as sobras no conxelador para máis adiante.

Ver todos os recipientes para alimentos IKEA 365+

"Nós queremos predicar co exemplo, por iso, para evitar os desperdicios de alimentos nas tendas IKEA, puxemos en marcha unha iniciativa para reducir un 50 % o desperdicio de alimentos antes de 2020. E como o lograremos? Coa instalación de básculas intelixentes en todas as tendas para cuantificar e rexistrar a orixe dos desperdicios de alimentos que nós producimos."


Por que é importante reciclar pilas

Variedade de pilas recargables de diferentes tamaños enriba dun escritorio.

Outra opción é que optes polas pilas recargables, unha alternativa máis sostible ás pilas dun só uso: reducirás o consumo e refugarás menos!

Pódense cargar ata 1.500 veces e hainas de distinta capacidade enerxética para que elixas a máis adecuada para cada dispositivo. Por exemplo, o flash dunha cámara consome moita enerxía nun instante, mentres que o rato dun ordenador ten un menor consumo, pero durante un tempo máis prolongado. Por iso, se usas as pilas adecuadas evitarás recargalas tan a miúdo.

Unha vez as pilas acaben a súa vida útil, lembra levalas a un punto limpo que poderás atopar en moitas tendas da túa cidade. Nunca as tires ao lixo, xa que son altamente contaminantes.

As pilas son produtos cotiáns na nosa casa, pero sabías que son moi contaminantes? Entre os seus compoñentes atópanse o mercurio ou o chumbo, ademais doutros metais e substancias químicas. En moitos fogares as pilas acaban nos baldes de residuos orgánicos, pero esta práctica é moi prexudicial para o planeta e para a nosa saúde.

Tendo en conta o perigosas que son, lembra que debes tirar as pilas en contedores dedicados exclusivamente a este uso. Atoparalos nalgúns establecementos do teu barrio, supermercados ou nas marquesiñas dos autobuses.


"O planeta é o fogar de todos e é a nosa responsabilidade coidalo!"