Aforrando enerxía

Sabemos que a electricidade é fundamental para a vida no fogar. Non obstante, moitas veces utilizámola de forma inconsciente, sen límites. Dende IKEA queremos propoñerche outra forma de usala, para aforrar nas facturas da luz e axudar a coidar o planeta. Por iso, neste espazo encontrarás algúns consellos sinxelos e prácticos para que o teu fogar sexa o lugar máis eficiente do mundo.


Aprende a aforrar na cociña

Se queres aforrar diñeiro e enerxía na casa podes facelo doadamente: mediante o uso de electrodomésticos de alta eficiencia enerxética e con novos hábitos de consumo sostible.

Comeza por cambiar o teu frigorífico ou conxelador por un modelo novo de baixo consumo. En Europa, os frigoríficos con eficiencia enerxética clase A++ consomen un 40 % menos de enerxía que os de clase A ou B.

Tamén as placas de indución nos axudan a ser máis eficientes, xa que se trata dunha tecnoloxía de campos magnéticos que só quenta o recipiente sen quentar nin a placa nin o aire circundante. De xeito que apenas se desperdicia calor. Sabías que nunha placa de indución podes ferver 2 litros de auga en 5 minutos, mentres que nunha vitrocerámica esa mesma cantidade tarda o dobre?

Pero non todo está nos nosos electrodomésticos: nós tamén temos moito que achegar. Pon a lavalouza en lugar de fregar á man, pecha a billa cando non a esteas a usar - Todas as billas de IKEA aforran ata un 40 % de auga! - ou aproveita as sobras de comida para facer novos pratos. Con estes consellos, non só conseguirás aforrar diñeiro nas túas facturas, ademais, ao mesmo tempo, contribuirás a coidar o medio ambiente cun uso razoable de auga e luz.


Reduce a túa factura da luz a través da iluminación

Outra das formas de aforrar na casa e axudar a preservar o planeta, é a través da iluminación. En IKEA levamos anos apostando pola iluminación sostible, por iso temos bombillas LED para cada necesidade. Comeza por cambiar todas as bombillas tradicionais do teu fogar por bombillas LED!

Se non o fixeches xa, deberías saber que estas son mellores que as bombillas incandescentes tradicionais por moitísimos motivos, entre eles:

• Consomen menos: aforran ata un 85 % de enerxía e reducen a factura da luz.
• Ofrecen unha iluminación de mellor calidade.
• Son máis respectuosas co medio ambiente porque ao gastar menos electricidade evitan que as centrais eléctricas xeren máis dióxido de carbono, entre outros aspectos.
• Duran ata 20 anos.
• Son tan pequenas que se poden integrar doadamente en case calquera sitio, polo que amplían as posibilidades no que a deseño se refire.
• As bombillas LED transforman arredor do 90 % da súa enerxía en luz, mentres que unha bombilla tradicional só o fai cun 10 ou 15 %, desperdiciando o resto.


Gasta menos enerxía grazas aos téxtiles

Existen moitas maneiras sinxelas de aforrar enerxía na casa e achegar o noso granito de area á conservación do medio ambiente. Unha delas é a través dos téxtiles. Sabías que en moitos fogares a calor escapa polo chan? Para evitar isto, a solución estrela é a alfombra: é barata, doada de colocar e axúdanos a aforrar en calefacción.

Tamén podes economizar enerxía e regular a temperatura interior utilizando tecidos para illar as ventás e as portas. As cortinas bloquean a entrada da calor en verán e evítannos ter que poñer tanto tempo o aire acondicionado. Chegado o inverno, axudan a manter a calor, aforrando en calefacción. Sinxelo, verdade?

4 ideas de decoración con téxtiles para aforrar enerxía e evitar o frío

Dúas mulleres nun salón de tons pastel, unha delas recostada nun chaise longue, a outra de pé diante da primeira