IKEA Ourense - Espazo de planificación
ven a coñecernos na nosa nova tenda de rúa do progreso 76
Novo horario de luns a sábado de 10:00 a 21:00 horas.
Agora tes todo IKEA, á volta da esquina
Todo o que te gusta de IKEA máis preto de ti.
No noso IKEA Ourense para deseñar e decorar o teu fogar será máis cómodo que nunca.
Pide cita cos nosos Asesores Especialistas. Podes concertar unha cita virtual ou presencial para deseñar a túa cociña, salón, dormitorio ou oficina.
Os socios IKEA Family teñen máis
Temos un montón de ofertas para ti só por ser do club IKEA Family. Fai click aquí para descubrilas.
Poñémoscho fácil
Coa tarxeta IKEA Visa poderás financiar as túas compras para que poidas deixar de preocuparte.
Podes comprar online
Necesitas algún produto para o teu fogar? Facémoscho chegar desde 3€.
Tarifas
Contacta connosco
Se precisas axuda ou algunha consulta, escríbenos ao seguinte enderezo: ikeadisena.ourense.es@ingka.ikea.com
Especialistas en impulsar o teu negocio
Coñece aos teus novos socios de decoración e mobiliario en Ourense con servizos á medida da túa empresa. No noso local podemos axudarte a atopar a forma de aplicar o bo deseño e as nosas ideas prácticas á túa empresa ou negocio. Contarás cun asesoramento individualizado do proceso de compra para que todo saia como necesitas. Podes pedir cita cos nosos asesores en: ikeadisena.ourense.es@ingka.ikea.com
Servizos dispoñibles
Todo o que podes facer en IKEA Deseña Ourense
Horario:
De luns a sábado de
10:00 a 21:00 h
Domingos e festivos de apertura
Lembra que é obligatorio o uso de máscaras e ter cita previa.
Vén ao noso IKEA Deseña Ourense!
Deseña o teu fogar no noso punto de planificación onde che ofrecemos un servizo personalizado para teres todo o que che gusta de IKEA máis preto de ti. Asesorámoste en todas as partes do proceso, dende o deseño ata a montaxe. Deseñamos e planificamos contigo calquera estancia do teu fogar, dende as cociñas ata os salóns. Profundamos nos detalles como os interiores dos armarios, os andeis dos roupeiros ou os colgadoiros do baño. Se o prefires, podes concertar unha cita para nós asesorarte a domicilio. Tamén che ofrecemos servizo de transporte e montaxe para que non te preocupes por nada. Anímate e ven visitarnos!