Saltar

Ilumina o sorriso doutras persoas

Cada luz que penduras non é só para ti, senón para todas as persoas que a vexan. Encher as festas de luz só ten sentido porque o facemos todas e todos. Celebremos xuntos.

Primeiro plano da cadea de luces LED STRÅLA con estrelas douradas penduradas dunha árbore no exterior.
Primeiro plano da cadea de luces LED STRÅLA con estrelas douradas penduradas dunha árbore no exterior.

Enche a noite de luz

Estas festas, ilumina o barrio dende dentro e dende fóra con cadeas de luz, lanternas e pantallas para lámpada festivas con forma de estrela.

Velaquí toda a iluminación para exteriores
Velaquí toda a iluminación para exteriores

Leva a lanterna a todas partes

Esta lanterna LED funciona cunha batería, polo que podes pendurala dunha árbore ou nun balcón afastada da toma de corrente.

Velaquí toda a iluminación para exteriores
Velaquí toda a iluminación para exteriores

Noite estrelada

As pantallas para lámpada con forma de estrela son unha gran tradición escandinava. Comparte un pouco da chispa desta época con esta nova gama de pantallas para lámpada con forma de folerpa de neve.

Velaquí toda a iluminación decorativa para interiores
Velaquí toda a iluminación decorativa para interiores

A decoración propia da natureza

Combina decoracións naturais dos obxectos que se poden atopar na natureza con estas novas estrelas decorativas feitas con fragmentos de planta secas con fita de xute.

Velaquí toda a decoración de Nadal
Velaquí toda a decoración de Nadal

Paraíso pintado á man

Ponte creativo cos teus rapaces. Estes pinceis teñen un mango de bidueiro macizo máis curto, polo que as manciñas dos pequechos poderán utilizalos con máis facilidade. Tenta empregar leite agre a modo de pegamento natural.

Velaquí todos os artigos de manualidades
Velaquí todos os artigos de manualidades