Saltar

Como amoblar un espazo ao aire libre grande

Nun espazo ao aire libre grande, existen moitas posibilidades. Para a decidirte, repara no teu recuncho favorito da casa. Que é o que o fai acolledor e práctico? Pois traslada iso mesmo ao exterior!

Un patio cun sofá de exterior, unha mesa pequena en branco, tallos, unha mesa de comedor con cadeiras e un parasol.
Un patio cun sofá de exterior, unha mesa pequena en branco, tallos, unha mesa de comedor con cadeiras e un parasol.

Escolle a peza central

Escolle e coloca primeiro o moble máis grande, como un sofá modular ou unha mesa de comedor. Deste xeito saberás se colle ou non. Logo, continúa a partir deste punto.

Velaquí todos os conxuntos de sofá para exteriores
Velaquí todos os conxuntos de sofá para exteriores

Crea diferentes zonas segundo as actividades

Divide o espazo en zonas para descansar, comer, cociñar, xogar, etc. Para crear un cuarto dentro de outro, utiliza elementos como alfombras, chans, lámpadas, toldos e pérgolas.

Velaquí todos os produtos para exteriores
Velaquí todos os produtos para exteriores

Fai que todos se sintan como na casa

Dálle diferentes opcións á túa familia e aos teus convidados. Pensa en moitos asentos, coxíns e lugares onde pór as cousas. Non esquezas que os pequenos tamén teñen as súas propias necesidades.

Velaquí todos os produtos para exteriores
Velaquí todos os produtos para exteriores

Teno todo á man

Entra na casa o menos posible. Emprega estantes, bancos de almacenaxe, armarios, caixas e ganchos para gardar utensilios, coxíns, xoguetes e outras moitas cousas.

Velaquí todos os produtos de organización para exteriores
Velaquí todos os produtos de organización para exteriores