Saltar

Como amoblar un espazo ao aire libre reducido

Por moi pequeno que sexa o teu espazo ao aire libre, sempre o podes utilizar para, como pouco, tomar o aire. O consello máis importante sobre como amoblar o teu espazo exterior é que antes repares en que é o que máis che gusta facer nel. Durmir a sesta? Ler un libro? Facer exercicio? Comer? Simplemente pasar o tempo?

Balcón pequeno cunha mesa e cadeiras de madeira, chan de herba artificial e unha planta Monstera nun testo branco.
Balcón pequeno cunha mesa e cadeiras de madeira, chan de herba artificial e unha planta Monstera nun testo branco.

Dedícate tempo para ti ou para socializar

A clave está en escoller o asento máis cómodo para ti. Prefires unha cadeira de brazos, un sofá pequeno, unha cadeira de brazos e reclinable ou unha hamaca? Cando teñas solucionado o teu, busca opcións para os convidados, como cadeiras pregables, tallos encastelables ou pufs. Cunha sección modular dun sitio e un tallo obterás unha chaise longue co dobre de sitio.

Velaquí todos os sofás para exteriores
Velaquí todos os sofás para exteriores

Tómalle algo ao aire libre

Empeza por un conxunto de comedor para exteriores de dous asentos. Se non tiveres espazo dabondo para un conxunto, compra os produtos que precises por separado. Un tallo/mesa auxiliar ou mesmo un banco de almacenaxe van ben se só queres un sitio no que tomar ou beber algo.

Velaquí todos os conxuntos de comedor para exteriores
Velaquí todos os conxuntos de comedor para exteriores

Deixa sitio para as túas afeccións e tarefas

Os soportes para plantas e os testos colgantes van moi ben para o xardín. Libera espazo para facer ioga, exercicio ou calquera outra tarefa (como colgar a roupa) con mobles que poidas mover ou meter dentro. Un tendal pregable é moi fácil de recoller, polo que terás sitio para estar fóra cando remates coas tarefas da casa.

Engade almacenaxe para exteriores

Ningún espazo ao aire libre está completo sen un armario ou un estante de exterior para gardar os coxíns e as mantas adicionais, ter as ferramentas de xardinaría á man ou colocar as túas plantas. Se o sitio do que dispós for estreito, elixe as unidades máis altas para aproveitar ao máximo o espazo vertical.

Velaquí todos os produtos de organización para exteriores
Velaquí todos os produtos de organización para exteriores