Saltar

Aproveita para comer fóra

É verán, así que sae ao aire libre! Aínda que vivas na cidade e o traballo limite as túas posibilidades, os días son máis longos, polo que tes máis tempo para pasalo cos amigos. Que che parece unha xuntanza improvisada?

Un grupo de persoas de pé xunto a unha fila de cadeiras e mesas pequenas nunha festa baixo unha pérgola decorada nun patio.
Un grupo de persoas de pé xunto a unha fila de cadeiras e mesas pequenas nunha festa baixo unha pérgola decorada nun patio.

Busca o sitio perfecto e pon unhas cadeiras

Unha vez que decidades o lugar de reunión, o máis doado será preparalo para convertelo nunha festa. Se todos os invitados achegan asentos, adornos e comida, a festa xa está leada.

Velaquí todos os mobles de xardín
Velaquí todos os mobles de xardín

Caixas para transportar toda a comida e bebida que queiras levar

Unha vez preparadas as cousas, o único que queda será transportalas. Pon as friameiras xuntos para manter a temperatura da neveira durante máis tempo. Pon os alimentos máis delicados en bloques refrixeradores.

Velaquí todas as friameiras
Velaquí todas as friameiras

Un menú de verán para levar de pícnic

A finais de verán, os escandinavos celebran a festa do cangrexo. Sérveno precociñado e frío con outros pratos de acompañamento, polo que é unha comida ideal para tomar en calquera sitio.

Velaquí toda a comida e bebida
Velaquí toda a comida e bebida

Unha festa á parte para os convidados máis importantes

Aínda que aos adultos lles encantan as ceas ben longas, non todos opinan o mesmo. Se queres que os máis pequenos o pasen ben, proba a preparar actividades para que se entreteñan mentres os pais están ao seu.

Velaquí todos os xoguetes e xogos
Velaquí todos os xoguetes e xogos

Emprega mosquiteiros para evitar convidados non desexados

Ten en conta que a noite atrae a visitantes de todo tipo. Pon un mosquiteiro para librarvos deles. Engade luz ambiental e crearás unha cómoda e acolledora burbulla.

Velaquí toda a iluminación para exteriores
Velaquí toda a iluminación para exteriores

Unhas mantas para cando chegue a noite

Aínda que a temperatura pode ser suave á tardiña, pode baixar bastante a medida que se fai de noite. Cunhas mantas quentiñas na recámara, poderedes despreocuparvos no caso de que se prolongue a reunión.

Velaquí todas as mantas
Velaquí todas as mantas

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.