Unha terraza con dous ambientes diferentes

Queres unha terraza onde poidas facer grelladas e comer, ou ben relaxarte e desconectar? E por que escoller? Coa nosa serie ÄPPLARÖ de mobles de exterior flexibles podes ter as dúas cousas, e á vez unha decoración conxuntada.

Crea un ambiente de salón no exterior con asentos amplos, coxíns cómodos, unha manta cálida e unha mesa para os aperitivos e as bebidas.

Se pos o asadeiro no medio da terraza, xa terás dividido o espazo (será como unha illa de cociña de exterior) e poderás falar con todo o mundo dende el.

Fai espazo para máis invitados cunha mesa de tamaño axustable e uns tallos pregables. A serie ÄPPLARÖ inclúe ambos mobles; ademais, a acacia producida de xeito sostible con que está feita é moi duradeira.

Cando non os uses, mete os coxíns de exterior nunha bolsa de almacenaxe que repela a sucidade e o po, para que aguanten limpos máis tempo.

Saca fóra as plantas de interior para que aproveiten o sol; só tes que empregar testos que sirvan tanto para interior como para exterior.

Garda os aliños e salsas caseiros nas botellas flexibles GRILLTIDER, perfectas para os asadeiros ou as mesas de comedor de exterior.