Saltar

Un salón para gozar

Sexa cal for o tamaño da túa casa, sempre necesitarás unha cama que sexa cómoda. Co sofá cama axeitado, terás un bo moble no que poñer os pés, traballar, comer, ver series e mesmo durmir.

Sala compacto con sofá cama e chaiselongue nun lateral; aparador, almacenaxe, televisión, equipo de música e láminas na outra.
Sala compacto con sofá cama e chaiselongue nun lateral; aparador, almacenaxe, televisión, equipo de música e láminas na outra.

Efectivamente. Encántame durmir no sofá!

O sofá cama VIMLE convértese de cómodo sofá a cómoda cama en só uns sinxelos pasos. E aínda mellor, o conxunto de mesas aniñadas pódese empregar tamén como mesa de noite. Ademais, o foco con pinza é perfecto para ler pola noite.

Un sofá cama para as visitas

O sofá cama GRÖNLID é moi sinxelo de abrir e o seu groso colchón faino moi cómodo. Iso no que ten que ver con durmir. Ao ser tan fondo, é perfecto para folgar no tempo de lecer.

Sala + dormitorio = sofá convertible

Senta polo o día, durme pola noite. O sofá-cama GRÖNLID convértese nun lugar cómodo para durmir, todo o que necesitas son unhas almofadas cómodas e roupa de cama. A túa sala converterase no lugar perfecto para durmires pola noite.

Sofá, cama e almacenaxe: 3 en 1

Onde gardas os edredóns que non estás a utilizar? Atopar o lugar perfecto para gardar as cousas, xa sexan grandes ou pequenas, supón un gran reto para calquera de nós. A opción dun sofá cama con almacenaxe integrada ofréceche un espazo para gardar a roupa de cama e ademais, será aínda máis fácil converter o salón nunha habitación, e viceversa.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.