Saltar

Purifica o aire do teu redor coas cortinas GUNRID

Un aire limpo no interior é tan importante para o teu benestar como o aire do exterior. Porén, no fogar os produtos que usas e as actividades que realizas contaminan o aire. Unha opción sería reducir esta contaminación cun purificador de aire eléctrico. Mais por que non deixar que as cortinas fagan ese traballo?

Parte dunha xanela cunha cortinas purificadora de aire GUNRID e un floreiro. Algúns talos de herba preto sobre o chan.
Parte dunha xanela cunha cortinas purificadora de aire GUNRID e un floreiro. Algúns talos de herba preto sobre o chan.

Como funcionan as cortinas GUNRID?

A tea das cortinas está tratada cun revestimento de base mineral. Esta reacciona á luz natural e desintegra os contaminantes do aire no interior, como o acetaldehído. É máis sinxelo ca un purificador de aire eléctrico, mellor para a túa factura da luz e ademais non precisas mudar filtro ningún.

Consulta o prezo e a información detallada das cortinas GUNRID
Consulta o prezo e a información detallada das cortinas GUNRID

Por que crear produtos como as cortinas GUNRID?

A visión de IKEA é crear un mellor día a día para a maioría das persoas. Os elementos decorativos que axudan as persoas respirar un aire máis puro contribúen a unha vida máis sa, sobre todo aqueles elementos como as cortinas que case todo o mundo ten no seu fogar. É posible que no futuro esta tecnoloxía se poida utilizar mesmo con outros produtos téxtiles. As cortinas GUNRID, ademais, están feitas de poliéster 100 % reciclado, o que significa que o impacto medioambiental é menor e que se dá unha segunda vida ás botellas PET.

Obtén máis información sobre sostibilidade
Obtén máis información sobre sostibilidade

Moitas outras cortinas para escoller

Combinar distintas cortinas para crear capas ou usalas xunto con estores pode facer que a protección das túas xanelas sexa máis atractiva e práctica. Os estores que non deixan pasar as luces nocturnas axúdante a durmir mellor, mentres que as cortinas translúcidas poden crear unha boa combinación, por exemplo. Bota unha ollo a toda a gama de cortinas e estores de IKEA, incluídas as cortinas GUNRID en diferentes cores, na ligazón que hai máis abaixo.

Velaquí todas as cortinas e estores
Velaquí todas as cortinas e estores

Pendurar cortinas GUNRID en guías de raíl?

Queres pendurar as cortinas GUNRID utilizando guías de raíl VIDGA, quizais xunto con outras cortinas para obter un efecto multicapa acolledor e práctico? Se é así, podes usar o planificador VIDGA para deseñalo todo primeiro e informarte de que produtos vas precisar.