Saltar

Amobla a túa sala de estar con almacenaxe aberta e pechada

Cando usas a sala de estar para socializar, traballar e relaxarte, podes sentirte abafado con facilidade polo exceso de obxectos. Porén, con algo de planificación intelixente podes obter unha sensación relaxante. Déixanos amosarche como!

Almacenaxe nunha sala de estar con armarios con portas de vidro FABRIKÖR en azul.
Almacenaxe nunha sala de estar con armarios con portas de vidro FABRIKÖR en azul.

1. Aposta por mobiliario intelixente e versátil

Comeza agochando cousas que non queres mostrar nuns armarios baixos que tamén serven de divisores de espazos. Utiliza a superficie superior para poñer unha pequena colección de libros e unha planta ou dúas.

2. Mostra os teus obxectos favoritos

Pon as cousas que queres exhibir e, á vez, protexer dentro de dous armarios con portas de vidro. Os estantes axustables fan que sexa doado adaptar a altura da túa colección.

3. Utiliza unidades a xogo para crear orde ao instante

Cando a mesa do comedor se utiliza como espazo de traballo, engade uns caixóns con rodas. Úsaos para gardar documentos como facturas e cartas ou materiais.

4. Oculta os estantes recargados de obxectos tras das cortinas

Escolle un esquema de cores ton sobre ton; proba tonalidades naturais que contrasten cuns toques de rosa. As capas dos téxtiles tamén crean contrastes que axudan a mellorar a acústica do teu espazo.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.