Saltar

A guía sinxela para mercar un sofá novo

Escoller un sofá pode ser algo abafante. Por iso, senta e reláxate, porque temos algúns consellos prácticos para axudarche.

Sala de estar espazosa cun gran sofá SÖDERHAMN, un chaiselongue SÖDERHAMN e almacenaxe BESTA con portas STOCKVIKEN.
Sala de estar espazosa cun gran sofá SÖDERHAMN, un chaiselongue SÖDERHAMN e almacenaxe BESTA con portas STOCKVIKEN.

Tamaño

Mide o cuarto para saber canto espazo tes. A forma do cuarto pode impoñer certas limitacións. Tampouco esquezas medir a porta de entrada e pensa en aspectos como as escaleiras.

Estilo e forma

Se non te das decidido por un estilo de sofá, sempre podes escoller un de aspecto atemporal, xa que probablemente has vivir con el moito tempo. Para ver os distintos estilos, bota unha ollada á nosa galería de imaxes de salas de estar e sofás. Que tipo de sofá precisas? Quizais unha solución de esquina ou solucións con 2 ou 3 asentos? Se queres deseñar a túa propia solución de sofá, consulta os nosos planificadores de sofás.

Velaquí todos os planificadores
Velaquí todos os planificadores

Funcionalidades

Pensa en como queres usar o sofá. Algunhas persoas queren un sofá que teña uso de sofá e unha cama confortable, e algúns sofás mesmo teñen almacenaxe oculta ideal para as persoas que viven en espazos reducidos.

Ver todos os sofás cama
Ver todos os sofás cama

Comodidade

Empeza a reflexionar sobre como sentas. Valora a altura do asento, a súa profundidade e a altura do respaldo, xa que estes elementos teñen unha gran repercusión na posición que tes para sentar. Ademais, asegúrate sempre de que o asento conta con espazo abondo para deitarte comodamente. Os materiais dos coxíns e da estrutura fan que varíe a firmeza, así que próbaos e descubre que che gusta máis.

Fundas

A funda engade un toque ao sofá e fai de capa protectora. As fundas extraíbles son perfectas se tes cativos. Pódense lavar, permítenche cambiar o aspecto e prolongan a vida útil do sofá. O coiro de gran enteiro é un material de longa duración, mais se queres ter ese toque de coiro sen o custo ou necesidade de mantelo, tamén temos sofás de tea revestida con aspecto de coiro.

Velaquí todas as fundas adicionais
Velaquí todas as fundas adicionais

O teu sofá; a túa elección

Sabías que a maioría das persoas queren ampliar o tamaño do sofá que teñen na sala? É lóxico, xa que o sofá a miúdo se converte no elemento central do cuarto e é un moble que debe satisfacer unha morea de actividades para adaptarse ao teu estilo de vida. Mires como o mires, unha sala dificilmente é unha sala sen un sofá, polo que agardamos que esta guía che axude a escoller o sofá axeitado para ti.

Velaquí todos os sofás
Velaquí todos os sofás