Converte o teu espazo exterior pechado nunha flexible zona para a bogada

Descobre unha solución para a bogada ao alcance de todos que se adapta perfectamente ao teu espazo exterior pechado. JONAXEL pode adaptarse ao teu espazo e ás túas necesidades persoais, mesmo nos balcóns máis pequenos.

Tende e pon a secar a túa roupa húmida sen goteos cunha combinación JONAXEL na que as barras colgan do fondo.

Crea zonas de almacenamento intelixente en espazos reducidos coa axuda do bastidor JONAXEL e os cestos de malla. é estreito e cabe en moitos sitios. As rodas fan que sexa doado de sacar cando precisas un espazo despexado.

Non deixes que os espazos pequenos te deteñan á hora de pasar o ferro. A táboa JÄLL é pequena dabondo como para colocarse sobre a lavadora e as súas patas préganse facilmente. Só a tes que colgar nunha guía cando non a esteas a usar.

O almacenamento vertical dáche unha boa visión en conxunto de todas as cousas pequenas que gardas na zona do lavadoiro. SKÅDIS inclúe accesorios, como pequenos estantes e ganchos, que che axudarán a organizar os deterxentes, as pinzas da roupa e os calcetíns desaparellados.

O almacenamento estreito, como os armarios zapateiros TRONES, libera un valioso espazo no chan dun pequeno balcón pechado. E, por suposto, ademais de zapatos, podes gardar outras cousas neles. Son moi útiles tamén para almacenamento de tempada.