Saltar

Saca partido á túa cociña por un bo prezo

A minicociña SUNNERSTA é unha opción rápida e práctica se tes pouco espazo e presuposto. Ademais, se cambias de casa, podes levala facilmente contigo. Tamén podes mellorar a túa cociña, aínda que teñas un presuposto reducido. Contámosche como poderías mellorar a túa vida na casa con algúns produtos IKEA.

Minicociña SUNNERSTA con accesorios, estante IVAR e mesa e cadeiras nun cuarto pequeno con paredes de contrachapado.
Minicociña SUNNERSTA con accesorios, estante IVAR e mesa e cadeiras nun cuarto pequeno con paredes de contrachapado.

Todos os recunchos son útiles

Este recuncho pequeno convértese de súpeto nun espazo útil para gardar cousas grazas a algúns estantes abertos: un lugar para ter as túas herbas e especias favoritas á man e botalas directamente na pota. Pode que a túa cociña teña un curruncho que sexa máis útil do que parece?

Velaquí toda a almacenaxe de parede para cociña
Velaquí toda a almacenaxe de parede para cociña

Cousas útiles á man

Podes utilizar guías, ganchos e recipientes SUNNESTA para crear unha almacenaxe de parede a bo prezo e fácil de instalar. Potas, tixolas, utensilios e ata comestibles frescos... podes ter todos os esenciais para cociña á man e os mesados ordenados.

Velaquí todos os organizadores de parede
Velaquí todos os organizadores de parede

Aumenta o espazo dos teus armarios

Fáltache espazo nos armarios da cociña? Se queres máis espazo para almacenaxe de xeito instantáneo e económico, podes engadir algúns estantes adicionais VARIERA. Só precisas uns minutos para que os teus armarios estean máis limpos, moito máis organizados e sexan máis seguros.

Velaquí todas a serie VARIERA
Velaquí todas a serie VARIERA

Ábrete sésamo (ou outros ingredientes)

Estes armarios abertos, sinxelos e prácticos son ideais cando non sabes se precisarás máis almacenaxe nun futuro. Podes comezar cun ou dous e engadir outros máis adiante se queres. Unha almacenaxe útil e bonita non ten que ser sinónimo dun gran orzamento.

Velaquí todas as frontes e armarios de cociña METOD
Velaquí todas as frontes e armarios de cociña METOD

Unha placa que aforra enerxía, tempo e espazo

A placa de indución portátil TILLREDA é unha opción económica e enerxeticamente eficiente, quer para unha minicociña SUNNERSTA quer para unha zona de cociña adicional e flexible. Esta placa compacta é sinxela de montar, usar e de gardar unha vez a uses.

Velaquí todas as placas
Velaquí todas as placas

Almacenaxe robusta, versátil e móbil

Grazas ás rodas regulables e ao tamaño compacto, podes colocar este carriño onde máis o precises. Ademais, podes cambiar a posición do andel do medio para adaptalo ao que queiras gardar. O carriño RÅSKOG pode resultarche útil para os cambios da cociña.

Velaquí todos os carriños
Velaquí todos os carriños

Comida ben ordenada

As bolsas grandes de comida son máis baratas, pero adoitan ser difíciles de manter frescas e gardar de xeito ordenado. Se usas friameiras transparentes e herméticas podes ter á vista todo o que tes, a comida dura máis e está ben ordenada.

Velaquí todas as friameiras
Velaquí todas as friameiras