Saltar

A illa do tesouro: 4 versións da nosa heroína na cociña

A cociña é ese lugar da casa onde podes facer de todo. Pasamos tanto tempo nela que cada anaco de espazo é moi valioso. A forma máis sinxela de crear máis espazo e aumentar a funcionalidade da cociña é cunha illa de cociña. Aquí podes ver como usamos as illas para crear máis espazo onde gardar as cousas, comer, facer de reposteiros e pasar o tempo cos amigos.

Unha illa de metal con rodas chea de tarros con ingredientes ao carón dun mesado de cociña.
Unha illa de metal con rodas chea de tarros con ingredientes ao carón dun mesado de cociña.

1. Usa unha illa como mesa de comedor

Se na túa cociña non cabe unha mesa, proba o seguinte truco. Só tes que achegar un tallo ou dous para dispor dun lugar onde comer, ler e gardar a vaixela, todo en un.

Ver todas as illas de cociña e carriños
Ver todas as illas de cociña e carriños

2. Presume de louza

Cunha illa aberta e espazosa podes expor as cousas que máis che gustan. Esta é o suficientemente grande como para ser un lugar ideal onde estar cos amigos e incluso gozar dunha comida caseira. Ademais, aforrarás moito espazo no armario.

Ver toda a vaixela
Ver toda a vaixela

3. Sácaa e gárdaa cantas veces queiras

Esta illa de aceiro inoxidable ten espazo dabondo para os teus ingredientes e aparellos. E como ten rodas, podes arrombala en calquera lugar da cociña onde a precises. Tamén podes usala como unha superficie de traballo a maiores. Cando remates de traballar con ela, só tes que arrombala no seu recuncho.

Ver todas as opcións de organización e almacenaxe da comida
Ver todas as opcións de organización e almacenaxe da comida

4. Amantes da repostaría, esta é a vosa illa ideal

Esta illa de bricolaxe ten todo o que precisas: unha ampla superficie de traballo onde amasar e usar o rodete, así como espazo dabondo onde gardar os teus libros de cociña favoritos. Por outra banda, nos estantes podes gardar os aparellos nos que máis confías, os cuncos e os ingredientes.

Ver todos os utensilios de cociña e repostaría
Ver todos os utensilios de cociña e repostaría

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.