Saltar

6 consellos de organización para a despensa da túa cociña

Ordena a despensa da túa cociña con estes seis consellos de almacenamento para que gastes menos, estragues menos, te estreses menos… e poidas pasar máis tempo na mesa.

Primeiro plano dun caixón aberto con latas e especias organizadas cos divisores VARIERA.
Primeiro plano dun caixón aberto con latas e especias organizadas cos divisores VARIERA.

1. Almacenamento na porta

Coloca os aperitivos e os sobres de salsa na parte frontal e central con ganchos e clips para que non se perdan. Pendura a túa lista da compra na porta para seguir o teu plan de alimentación semanal. Podes incluso escribir nomes (e recordatorios) nas placas dos ganchos para que todo o mundo dispoña do seu propio espazo para os aperitivos.

Ver todos os ganchos
Ver todos os ganchos

2. Almacenamento transparente

Os recipientes transparentes amosan as cantidades que che quedan de cada cousa para que organices mellor as túas viaxes á tenda, evites gastar cartos de máis e estragues menos comida. Proba a etiquetar cada recipiente coas datas de caducidade para ter claro cando debes volver enchelos.

Ver todos os tarros e latas
Ver todos os tarros e latas

3. Agrupa os alimentos para atopalos máis facilmente

Usa cestos para gardar as botellas máis altas todas xuntas, como as de aceite ou as de salsas. Ademais, deste xeito protexerás a túa despensa de posibles derramamentos. Organiza os cestos segundo as comidas para que non teñas que andar buscando os ingredientes, ou garda xuntos os alimentos aptos para as persoas alérxicas.

Ver todos os cestos
Ver todos os cestos

4. Colle o que queiras e listo

Coloca unha cesta de malla de aceiro na túa despensa para gardar os produtos secos e facer que sexa moito máis sinxelo collelos e metelos de volta. Tamén é ideal para as froitas e os vexetais que están mellor fóra da neveira.

Ver todos os cestos
Ver todos os cestos

5. Con só tirar do caixón

Instala un caixón na despensa para ver todas as túas latas, untos e especias dunha soa ollada. Chegarás sen problema ao fondo e evitarás os xogos de equilibrios e malabares. Utiliza os organizadores ou divisores de caixón para manter as latas no seu sitio.

Ver todos os estantes e caixóns
Ver todos os estantes e caixóns

6. Crea máis espazo de almacenamento

Emprega estantes adicionais para crear máis niveis onde colocar os tarros e outras cousas a distintas alturas. Cun cesto enganchable, podes aproveitar ao máximo o espazo da despensa e colocar alimentos planos como paquetes de totopos e de fideos xusto debaixo.

Ver o sistema IVAR
Ver o sistema IVAR

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.