Saltar

Guía de cociñas TORHAMN en freixo natural.

Buscas unha cociña cun ambiente cálido e tradicional? Esta rompedora cociña de freixo natural pode ser a opción perfecta! As portas TORHAMN teñen un deseño sinxelo no que a artesanía e funcionalidade se dan a man para render unha homenaxe ao encanto natural da madeira.

Unha cociña aberta con portas de vidro e freixo natural tradicional e armarios de freixo, unha illa de cociña e un chan de madeira escura.
Unha cociña aberta con portas de vidro e freixo natural tradicional e armarios de freixo, unha illa de cociña e un chan de madeira escura.

Constrúe a cociña dos teus soños

As cociñas poden ser de todas as formas e tamaños, e cadaquén ten a súa propia cociña ideal. Iso é o que fai que o sistema de cociña METOD (agochado detrás destas frontes TORHAMN de freixo natural) sexa tan práctico. Os armarios están dispoñibles en varios tamaños para que poidas combinalos á perfección segundo precises.

Inicia o planificador de cociñas IKEA
Inicia o planificador de cociñas IKEA

Unha porta duradeira

O freixo é un material natural que envellece ben e ao que o tempo lle confire un carácter de seu. O marco de madeira da porta proporciona estabilidade e a superficie é moi duradeira, xa que foi tratada cunha capa protectora de laca. O revestimento de freixo é resistente ás manchas e é fácil de limpar.

Reserva a túa cita de planificación de cociñas
Reserva a túa cita de planificación de cociñas

25 anos de garantía gratis

As cociñas IKEA están feitas para resistir o día a día da vida doméstica. Día tras día, ano tras ano. De feito, estamos tan seguros da calidade do noso sistema METOD que ofrecemos unha garantía de nada menos que 25 anos.

Consulta máis información sobre a nosa garantía de 25 anos
Consulta máis información sobre a nosa garantía de 25 anos