Saltar

Guía de cociñas KUNGSBACKA en antracita

As portas KUNGSBACKA en antracita teñen un toque moderno e os biseis da parte superior e inferior reforzan as liñas horizontais da cociña.

Cociña con paredes en beixe, chans de madeira, frontes de cociña KUNGSBACKA en antracita e un carriño con accesorios de cociña.
Cociña con paredes en beixe, chans de madeira, frontes de cociña KUNGSBACKA en antracita e un carriño con accesorios de cociña.

Constrúe a cociña dos teus soños

As cociñas poden ser de todas as formas e tamaños e cadaquén ten a súa propia cociña ideal. Por iso o sistema de cociña METOD (agochado detrás destas frontes KUNGSBACKA en antracita) é tan práctico. Os armarios están dispoñibles en varios tamaños para que poidas combinalos segundo precises.

Inicia o planificador de cociñas IKEA
Inicia o planificador de cociñas IKEA

Almacenaxe máis sostible e elegante para un aspecto impecable

Esta porta de cociña resistente está fabricada con materiais reciclados para aforrar recursos do planeta. Para cada porta utilízase o plástico de 25 botellas de medio litro. Pode que non pareza moito, pero é un paso fundamental cara a fin do uso do plástico virxe derivado do petróleo. Ao reciclar e converter as botellas en película de plástico para frontes de cociña, estase a reutilizar o plástico durante polo menos 25 anos. Bastante máis tempo do que se tarda en beber unha botella de auga!

Reserva unha cita cun especialista en cociñas
Reserva unha cita cun especialista en cociñas

25 anos de garantía gratis

As cociñas IKEA están feitas para aguantar o día a día da vida doméstica. Días tras días, ano tras ano. De feito, estamos tan seguros da calidade do noso sistema METOD que ofrecemos unha garantía de nada menos que 25 anos.

Consulta máis información sobre a nosa garantía de 25 anos
Consulta máis información sobre a nosa garantía de 25 anos