Saltar

Como amoblar un espazo de traballo pequeno a bo prezo

Como podes crear un espazo cómodo para ser produtivo, se non tes o luxo de ter un cuarto ou diñeiro de sobra? Velaquí tes uns cantos exemplos da gama IKEA para ter un espazo de traballo na casa funcional e sobrio.

Un portátil, cadernos e anteollos sobre unha bandexa RÅVAROR de contrachapado de bidueiro enriba dunha consola RÅVAROR de chapado de carballo.
Un portátil, cadernos e anteollos sobre unha bandexa RÅVAROR de contrachapado de bidueiro enriba dunha consola RÅVAROR de chapado de carballo.

Unidade de almacenaxe con dúas funcións

Estante amplo e mesa pregable de pino macizo, un material con moitísima durabilidade: todo por un prezo máis que razoable. Grazas á unidade de almacenaxe IVAR, o teu lugar de traballo só ocupará espazo cando esteas a traballar.

Velaquí todos os sistemas IVAR
Velaquí todos os sistemas IVAR

Almacenaxe de parede profesional

Para organizar a túa oficina da casa dun xeito profesional, e sen pagar grandes cantidades de diñeiro, podes mesturar e combinar os armarios da serie EKET cos caixóns da serie ALEX dun xeito que se adapte a ti.

Velaquí todas as series EKET
Velaquí todas as series EKET

Escritorio con espazo dabondo debaixo

Podes instalar un andel flotante á altura correcta nun recuncho agradable para usalo como escritorio de traballo. Só precisas unha cadeira axustable e cómoda, e quizais unha lámpada, e xa podes comezar a traballar.

Velaquí todos os estantes
Velaquí todos os estantes

O ángulo correcto por un bo prezo

Só precisas un soporte para portátil estable, lixeiro e transportable para traballar comodamente dende case calquera lado. Gastarás moi pouco e os ollos e o pescozo non pagarán o prezo de todas esas reunións en liña.

Velaquí todos os accesorios multimedia
Velaquí todos os accesorios multimedia

Espazo de traballo sen custos sorpresa

Este escrito MICKLE estilizado cabe en calquera parte, ata nun armario. Como o soporte de pé NILSERIK axustable encaixa perfectamente debaixo, só tes que pechar a porta do traballo cando remates.

Velaquí todos os escritorios para o fogar
Velaquí todos os escritorios para o fogar

A calma do contrachapado natural

Xa non tes escusa, coa bonita e económica bandexa para cartas terás un escritorio ordenado. Deste xeito, non perderás notas nin pasarás por alto facturas. Está feita de madeira sen tratar, así que podes aceitala, darlle cera ou pintala se queres.

Velaquí todos os accesorios de escritorio
Velaquí todos os accesorios de escritorio