Un lugar onde estudar e con sitio para descansar

Optimiza o teu pequeno fogar e fai espazo para estudar, gardar roupa ou pasar tempo cos amigos, e por suposto, para durmir ben. A mesa LINNMON/OLOV ten patas de altura axustable con pés de plástico que protexen fronte a rabuñaduras (polo que a poderás mover sempre que precises máis espazo!).

Cadeira xiratoria LOBERGET/BLYSKÄR de altura axustable con soporte lumbar integrado para as túas costas. Perfecta para longas sesións de estudo!

O estante KALLAX adáptase facilmente ao teu estilo, ao teu espazo e ás túas necesidades. Personalízao con caixóns, estantes e caixas para facer un recanto 100 % teu.

Asento e almacenaxe nunha solución lixeira fácil de mover. O repousapés BOSNÄS ten espazo de almacenaxe oculto baixo o asento.

Sofá de día e cama pola noite, pero con moito espazo de almacenaxe todo o día. A cama de día BRIMNES ten espazosos caixóns con sitio para edredóns e almofadas.

Armario branco aberto con seccións montadas en parede con estantes e guías que almacenan roupa dobrada e colgada.

BOAXEL é unha solución de almacenaxe que se pode personalizar para adaptarse ao teu espazo e ás túas necesidades. Ademais, como o armario non ten porta, podes poñer outros mobles moi preto.