Un fogar pequeno e colorido que é fácil de renovar

Unha casa pequeniña non ten por que parecelo. Libera espazo rapidamente coa axuda de mobles sobre rodas.

Unha estación de estudos móbil nunha casa pequena permíteche liberar nun santiamén espazo moi necesario. A cadeira xiratoria sobre rodas ÖRFJÄLL ten un sofisticado tapizado de cor amarela escura que dá á estancia un aspecto fresco.

Tes veciños ruidosos ou a necesidade de poñer a música a todo volume? Fai unha instalación artística cos paneis de insonorización ODDLAUG. Colócaos xunto a outros mobles, como un armario, para conseguir un efecto aínda mellor.

Un discreto e elegante estante para cadros pode servir como estación de carga para o teléfono, o ordenador e moito máis. Móntao nunha parede preto de onde estudas e reláxate. Estará á man cando a batería estea esgotándose.

Cubre con fundas os teus cadernos para mantelos en bo estado e sen rabuñaduras. LANKMOJ ten un marcador lateral que te axuda a atopar ao momento a páxina que buscas.

Converte o teu cómodo sofá nunha cama e goza dunha boa noite de sono. Os coxíns soltos FLOTTEBO son doados de quitar, e no amplo espazo de almacenamento baixo o asento podes gardar a roupa de cama.