Saltar

Unha entrada para unha familia numerosa

Esta é unha maneira económica de garantir que a entrada sirva para todos os membros da familia. Co sistema de almacenaxe JONAXEL e outros produtos intelixentes podes deseñar a túa propia solución para que todo teña un espazo dedicado ao que sexa doado acceder.

Unha entrada ampla cun armario integrado cunha combinación de almacenaxe JONAXEL, roupa, fundas de almacenaxe e cestas no interior.
Unha entrada ampla cun armario integrado cunha combinación de almacenaxe JONAXEL, roupa, fundas de almacenaxe e cestas no interior.

Mira mellor a roupa

Podes iluminar a almacenaxe da entrada con focos LED VAXMYRA. Son doados de instalar grazas á cinta de dobre cara e a luz axúdate a atopar rápido o que precisas.

Velaquí toda a iluminación integrada
Velaquí toda a iluminación integrada

Manter frescos os artigos de tempada

Mantén frescos os artigos de tempada coas fundas de almacenaxe LACKISAR con redes de ventilación, que permiten que circule o aire e que a túa roupa e os teus accesorios estean listos para usar cando sexa hora de cambiar ao vestiario de verán ou inverno.

Velaquí todas as caixas e cestas de almacenaxe
Velaquí todas as caixas e cestas de almacenaxe

Almacenaxe para zapatos ordenada

É doado liberar a entrada de montóns de zapatos desordenados coa axuda do estante zapateiro TJUSIG. É amontoable, así que podes poñer un enriba doutro para aforrar espazo no chan.

Velaquí todos os armarios zapateiros
Velaquí todos os armarios zapateiros

Organización de accesorios

Podes organizar e presumir da túa colección de chales e gafas de sol cunha percha múltiple KOMPLEMENT. Ocupa moi pouco espazo, pero podes almacenar como mínimo 18 accesorios distintos nela.

Velaquí todos os organizadores de roupa para pendurar
Velaquí todos os organizadores de roupa para pendurar

Organizado e doado de ver

As caixas STUK abertas con compartimentos permítenche dividir e organizar as túas cousas e poder ver sempre que se almacenou e onde. Así reducirase o estrés nas mañás ocupadas.

Velaquí todas as caixas para roupa
Velaquí todas as caixas para roupa