Saltar

Un corredor pequeno cunha chea de estilo e almacenaxe

Non deixes que un espazo pequeno che impida ter o corredor que desexas. Saca algunha idea deste corredor de estilo tradicional cheo de solucións de almacenaxe intelixente, bonitos detalles e un colgadoiro moi simple para non volver perder as chaves.

Un corredor pequeno cunha porta branca, un zapateiro da mesma cor, un espello redondo, un colgadoiro branco para sombreiros con chaquetas e un paraugas.
Un corredor pequeno cunha porta branca, un zapateiro da mesma cor, un espello redondo, un colgadoiro branco para sombreiros con chaquetas e un paraugas.

Zoco-presa!

Tes un espazo baleiro detrás da porta principal e non sabes para que utilizalo? Este zapateiro estreito adáptase ben. Grazas ao deseño clásico e simple que ten, o zapateiro HEMNES gustaravos (a ti e á túa colección de zapatos) durante moito tempo.

Velaquí todos os zapateiros
Velaquí todos os zapateiros

Unha parede que che axuda a prepararte

Cun práctico colgadoiro para sombreiros, un anaco pequeno de parede pode almacenar moitísimas cousas. O colgadoiro HEMNES para sombreiros permíteche coller a chaqueta, o sombreiro e a bolsa ao saír.

Velaquí todos os estantes zapateiros e colgadoiros
Velaquí todos os estantes zapateiros e colgadoiros

Cantas bufandas podes pendurar nunha percha?

Podes crer que son 18? Esta percha multiúso é perfecta para que as túas cousas queden ben compactadas, ideal para espazos pequenos.

Velaquí todos os organizadores de roupa para pendurar
Velaquí todos os organizadores de roupa para pendurar

Cando o espazo de almacenamento é baixo, nós imos ao alto!

Coloca estantes de parede enriba dos marcos das portas para crear máis espazo de almacenamento nos lugares pequenos. Ademais, con este tipo de estantes podes elixir o lado que queres amosar: un bordo biselado ou un liso.

Velaquí todos os andeis
Velaquí todos os andeis

Deseño vangardista

Non volvas perder as chaves! Pendúraas dun soporte magnético para coitelos ao carón da porta cada vez que volvas á casa.

Velaquí todos os organizadores de parede
Velaquí todos os organizadores de parede