Saltar

Ideas harmoniosas e útiles para o recibidor

Que precisas almacenar no recibidor? Resultarache máis sinxelo escoller una boa combinación de almacenaxe aberta, como estantes, e almacenaxe pechada, como armarios, cando saibas que precisas gardar, tanto os artigos estacionais coma o que usas a diario. Velaquí algunhas ideas que che axudarán a atopar espazo para todo.

Un recibidor con estantes OMAR, con zapatos, botas e caixas REJSA metálicas, e dous colgadoiros PINNIG con 3 ganchos na parede.
Un recibidor con estantes OMAR, con zapatos, botas e caixas REJSA metálicas, e dous colgadoiros PINNIG con 3 ganchos na parede.

Gardado, pero sempre á man

Os armarios de parede con portas que combinan co resto do deseño interior ofrecen unha solución de almacenaxe elegante para a roupa de tempada e outras cousas que non usas acotío.

Velaquí todos os armarios
Velaquí todos os armarios

A túa almacenaxe, ao teu xeito

O sistema OMAR conta con diferentes unidades de estantes e seccións que podes combinar para lograr a almacenaxe que se adapte a ti e ao teu espazo.

Velaquí o sistema OMAR
Velaquí o sistema OMAR

Manter un aspecto ordenado

É moi doado lograr un aspecto ordenado con mobles de cores coordinadas e varias pezas da mesma serie, como a TJUSIG.

Velaquí a serie TJUSIG
Velaquí a serie TJUSIG

Un taboleiro en continuo cambio

Por que non empregar un taboleiro de notas e imáns para amosar esas cousas que non deixan de mudar, coma a lista de cousas por facer, os horarios e as últimas creacións do novo artista?

Velaquí todos os taboleiros de notas
Velaquí todos os taboleiros de notas

Almacenaxe fácil de xestionar

A caixa REJSA ten un portaetiquetas e un práctico tirador que fai que organizar as túas cousas e acceder a elas resulte moi sinxelo.

Velaquí todas as caixas e cestas de almacenaxe
Velaquí todas as caixas e cestas de almacenaxe