Saltar

Aproveita cada recuncho

Un espazo pequeno, recantos complicados e moitas cousas para gardar poden supor todo un desafío. Mais con algunhas ideas de almacenaxe intelixente e un esquema de cores alegres, o teu recibidor podería converterse no teu novo cuarto favorito.

Unha cómoda de caixóns HAUGA e un armario aberto HAUGA con roupa, caixas e cestos nun pequeno recibidor.
Unha cómoda de caixóns HAUGA e un armario aberto HAUGA con roupa, caixas e cestos nun pequeno recibidor.

Almacenaxe de calzado protexido do po

As caixas para zapatos serven para gardar o calzado cada tempada e mantelo libre de po se as almacenas en andeis abertos.

Velaquí todos os organizadores e caixas de zapatos
Velaquí todos os organizadores e caixas de zapatos

É moi sinxelo con ganchos

As boas ideas de almacenaxe non teñen que ser grandes. O accesorio máis pequeno pode ser o máis práctico nos recunchos complicados.

Velaquí todos os ganchos
Velaquí todos os ganchos

Colgadoiros con estilo

As perchas de madeira maciza son suficientemente fortes para soster pezas de roupa máis pesadas e, ademais, o material natural achega unha sensación de calidade ao armario aberto do recibidor.

Velaquí todas as perchas
Velaquí todas as perchas

Para que as alfombras non esvaren

Un protector antiescorregante non só mantén a alfombra no seu sitio, senón que tamén atrapa a sucidade e protexe o chan das rascaduras. E faino todo oculto debaixo da alfombra!

Velaquí todos os elementos antiescorregantes
Velaquí todos os elementos antiescorregantes

Listo para enfrontarse ao mundo

A quen non lle gusta verse ben acotío? Cun gran espello e unha boa iluminación poderás comprobar que vas impecable antes de saír da casa.

Velaquí todos os espellos grandes
Velaquí todos os espellos grandes