Saltar

Unha guía para comprar potas e tixolas

Para cociñar ben precisas os utensilios axeitados, e a túa elección de potas e tixolas pode marcar a diferenza. Deberías decantarte por un conxunto “básico” ou sería útil unha cazarola, unha tarteira ou un wok adicionais? Le a nosa guía para atopar as potas e as tixolas que precisas segundo as túas necesidades, tanto se acabas de empezar como se es un chef profesional.

Unha tixola cunha asa de aceiro inoxidable con albóndegas en salsa atópase sobre unha placa e, ao seu carón, unha culler de madeira.
Unha tixola cunha asa de aceiro inoxidable con albóndegas en salsa atópase sobre unha placa e, ao seu carón, unha culler de madeira.

O conxunto básico: un gran comezo

Para a cociña simple de todos os días, unha pota grande (3-5 l), unha cazarola pequena (1,5-2 l), unha tixola de tamaño mediano (28 cm) e outra para saltear deberían ser suficientes para levar a cabo a maioría das tarefas. Unha batería de aceiro inoxidable é unha boa elección porque se adapta a todas as cociñas, é sinxela de limpar, pódese utilizar en case todas as placas e mais é duradeira. Unha vez que teñas un conxunto básico, podes ir engadíndolle elementos segundo precises.

Ver a serie OUMBÄRLIG
Ver a serie OUMBÄRLIG

Os esenciais: potas

As potas son máis grandes que as cazarolas (que teñen unha capacidade de ata 2 litros) e teñen dúas asas para suxeitalas e movelas facilmente, a pesar do seu tamaño e peso. Úsaas para cociñar para toda a familia, ou cando se necesite moita auga, como para cocer pasta, por exemplo.

Ver todas as potas
Ver todas as potas

Os esenciais: cazarolas

As cazarolas son potas máis pequenas, cunha capacidade de entre 0,5 e 2 litros, que teñen unha asa longa e recta. Empréganse principalmente para cociñar cantidades de comida máis pequenas, como verduras ou salsas.

Ver todas as cazarolas
Ver todas as cazarolas

Os esenciais: tixolas

Unha tixola de aluminio cun recubrimento antiadherente é unha boa elección porque este reduce o risco de que se queime a comida, é sinxela de limpar e permíteche cociñar con menos graxa. Coas tixolas de ferro fundido poderás sofritir dun xeito uniforme porque o material conduce a calor da mesma maneira e consérvaa durante máis tempo.

Ver todas as tixolas
Ver todas as tixolas

Tixolas de saltear: para fritir rápido

As tixolas de saltear úsanse para dourar carne, pescado ou polo, verduras ou reducir líquidos, e teñen laterais elevados para evitar salpicaduras e manchas cando se bota a comida ou se lle da a volta. Moitas tixolas de saltear teñen unha tapa para cubrila total ou parcialmente cando os ingredientes están no seu punto e deixar que a comida se cociñe.

Ver todas as tixolas de saltear
Ver todas as tixolas de saltear

Grellas: unha alternativa á grellada tradicional

Cando se asa, a humidade da comida queda dentro e a superficie vólvese crocante. Isto precisa unha temperatura relativamente alta durante un período de tempo curto. A superficie ondulada da grella dálle á comida un sabor característico e atractivo, e separa a comida da graxa que se atopa na parte inferior da tixola.

Ver todas as grellas
Ver todas as grellas

Woks: para fritir dun modo máis san

Utilizar un wok para saltear a comida reduce a necesidade de graxa e é, polo tanto, unha opción máis lixeira. Os woks teñen uns laterais elevados e con pendente que contribúen a unha condución da calor eficiente e uniforme, e garanten que os ingredientes queden na parte inferior, onde a temperatura é a máis elevada. Os woks de base redonda son máis axeitados para usarse sobre unha chama (unha placa de gas, por exemplo), mentres que os woks de base máis plana son mellores para as placas eléctricas e de cerámica.

Ver todos os woks
Ver todos os woks

Tarteiras: a pota que o fai todo

Normalmente, as tarteiras son de aceiro inoxidable para que se poidan utilizar sobre placas e en fornos, e son axeitadas para dourar ou fritir a carne, preparar cocidos ou outros pratos que haxa que cocer lentamente. As tarteiras adoitan ser grandes e pesar moito. Por outro lado, non tes que movelas demasiado. Unha vez que colocas a tarteira sobre a placa ou no forno, a comida cociñarase soa. Na parte grande cabe unha gran cantidade de carne, verduras e líquido. O mellor de todo? Podes cociñar e servir todo no mesmo prato, e lavarás todo nun chiscar de ollos!

Ver todas as tarteiras
Ver todas as tarteiras