Saltar

Unha cea de gala en vacacións sen cociñar

Velaquí che explicamos como celebrar unha cea de gala sen tocar un ingrediente nin un só prato. Queres máis boas novas? Podes atopar a maior parte destes elementos na túa tenda IKEA.

Unha mesa debaixo dun mantel azul cunha ringleira de táboas de cortar de madeira que ocupa a parte central da mesa, chea de comida fría.
Unha mesa debaixo dun mantel azul cunha ringleira de táboas de cortar de madeira que ocupa a parte central da mesa, chea de comida fría.

Unha mesa cunha presentación relaxada

Proba cunha liña de táboas de cortar ao longo da parte central da mesa para crear un conxunto sinxelo e unificado. Substitúe os pratos por pequenas táboas para potenciar o efecto.

Velaquí todas as táboas de cortar
Velaquí todas as táboas de cortar

Todo prato de inverno precisa dun pouco de pan substancioso

Por iso, suxerimos a nosa fogaza de pan integral, pan crocante, galletas salgadas e tortas de pan.

Velaquí todos os artigos de cociña e louza
Velaquí todos os artigos de cociña e louza

Chegou o momento de presentar os principais sabores

Prepara uns cantos tipos de carne e queixo para crear a sección de embutidos definitiva.

Velaquí todos os artigos de cociña e louza
Velaquí todos os artigos de cociña e louza

A continuación, o toque de verde

Corta as verduras e colócaas ordenadamente nuns recipientes de vidro de xeito que resulten rechamantes.

Velaquí toda a cristalaría e xerras
Velaquí toda a cristalaría e xerras

Para que a comida satisfaga un chisco máis

Engade uns poucos entrantes e salsas quentes. Pode que esteamos predispostos, mais as nosas tortas de queixo e as nosas albóndegas de carne e veganas son opcións deliciosas.

Velaquí toda a comida e bebida
Velaquí toda a comida e bebida

Por último, hora de dar os últimos retoques

Referímonos a eses pequenos petiscos que sempre acaban desaparecendo antes de que te decates, como as olivas e os froitos secos. E para dar un toque decorativo, coloca unhas cadeas de luces polos bordos das táboas de cortar.

Velaquí toda a iluminación decorativa
Velaquí toda a iluminación decorativa

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.