Saltar

A mesa de comedor festiva

As celebracións de Nadal non teñen por que ser complicadas. É o momento de gozar de praceres sinxelos, como cear cos seres queridos. Amosámosche algúns complementos decorativos sinxelos inspirados no encanto rústico tradicional dun fogar escandinavo en inverno.

Candelabro negro LED STRÅLA de 5 brazos enriba dunha mesa nunha cociña de iluminación tenue cunha árbore de Nadal en segundo plano.
Candelabro negro LED STRÅLA de 5 brazos enriba dunha mesa nunha cociña de iluminación tenue cunha árbore de Nadal en segundo plano.

Unha luz a carón da fiestra

Recrea a elegancia tradicional da luz festiva das candeas dun xeito seguro con estes candelabros LED e estes candeeiros a pilas.

Velaquí todas as luces de Nadal
Velaquí todas as luces de Nadal

A luz das estrelas unha noite de inverno

Estas novas pantallas para lámpada con forma de estrela achegan un toque de natureza ao teu fogar cos seus deseños intricados de follas e visgos en verde e dourado.

Velaquí todas as luces de Nadal
Velaquí todas as luces de Nadal

Atopa a graza do cotián

Cremos que a forma e a funcionalidade deberían ir da man, do mesmo xeito que a beleza destes obxectos de aceiro con arame feitos á man.

Velaquí toda a decoración de Nadal
Velaquí toda a decoración de Nadal

Un fogar sueco de galletas

Apetéceche un conto de fadas no bosque? Faino realidade con esta casa de xenxibre lista para montar. Xunta as pezas da masa cocida e decóraas cunha cobertura e doces.

Velaquí todas as comidas de Nadal
Velaquí todas as comidas de Nadal

Sabores festivos da Escandinavia

Nestas datas festivas, agasalla a esa persoa especial doces escandinavos tradicionais, como os doces de tofe e o glögg. O glögg é unha bebida de froitas quente con especias, ideal para tomar quentiño nos fríos días de inverno.

Velaquí todas as comidas de Nadal
Velaquí todas as comidas de Nadal

Unha árbore algo diferente

Este abeto de aceiro é unha estrutura perfecta para a túa imaxinación. Utiliza arames rizados para pendurar postais, pequenos agasallos ou adornos tradicionais, como estes cabalos de Dalecarlia de vidro brillante e estes adornos de madeira. Un cabalo de Dalecarlia tradicional de codia xaspeada engade un toque festivo adicional.

Velaquí toda a decoración de Nadal
Velaquí toda a decoración de Nadal