Saltar

Goza dunha cunca de café máis saborosa

Prepara a túa próxima cunca de café co café de edición especial PÅTÅR do Nilo Branco, Uganda. Feito con grans 100 % arábica en colaboración con agricultores, este café orgánico de gran calidade e con certificado UTZ é digno de degustar.

Un home bota café nun filtro pousado dentro dunha cafeteira de vidro a carón dunha máquina de café no mesado da cociña.
Un home bota café nun filtro pousado dentro dunha cafeteira de vidro a carón dunha máquina de café no mesado da cociña.

Sabor único

Esta edición especial PÅTÅR é un café de orixe única da rexión do Nilo Branco de Uganda. Orixe única significa que só se empregan grans dunha rexión concreta, o que lle dá ao café un sabor característico da zona na que se cultiva. "O sabor do PÅTÅR do Nilo Branco é excepcional: aromático, doce e lixeiramente afroitado, con notas de chocolate e vainilla", explica o experto en cafés Marti Jansen, unha das persoas que contribuíu á creación deste café.

Velaquí todas as bebidas
Velaquí todas as bebidas

Dende o corazón de Uganda

Este café da magnífica rexión montañosa do Nilo Branco de Uganda é un café de calidade excepcional cun obxectivo: que IKEA e 13 000 pequenos agricultores medren xuntos mediante o comercio, non a caridade.

Apoio aos pequenos agricultores

Uganda é o maior exportador de café de África, mais o cultivo medio de café non chega a 0,25 ha de extensión. O proxecto de empresa social do Nilo Branco apoia a independencia económica dos pequenos agricultores de café, así como contribúe a prácticas agrícolas máis sostibles.

Café de calidade

Goza do sabor único de PÅTÅR Nilo Branco mentres poidas! Este café de orixe única de edición especial é unha colleita limitada. Unha vez recollidos todos os grans, non haberá máis ata o ano seguinte. Porén, os efectos desta iniciativa de emprendemento social de IKEA son duradeiros. Podes realizar o seguimento da orixe do teu café PÅTÅR en utzcertified.org/ikea

Velaquí todas as bebidas
Velaquí todas as bebidas
O chan e o clima da rexión do Nilo Branco outórganlle aos grans arábica uns sabores únicos. Para extraerllos, escollo un torrado entre medio e alto

Marti JansenExperto en café

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.