Saltar

Conservar os alimentos frescos durante máis tempo

Descubre novas e saborosas receitas, aforra cartos e conserva os alimentos durante máis tempo. Dámosche os nosos mellores consellos para coidar, usar e volver usar os alimentos básicos da túa cociña.

Mesado dunha cociña con produtos frescos en recipientes colgantes e en posición vertical, como as bolsas de redes KUNGSFORS e as cestas RISATORP.
Mesado dunha cociña con produtos frescos en recipientes colgantes e en posición vertical, como as bolsas de redes KUNGSFORS e as cestas RISATORP.

Os xardíns colgantes da túa cociña

Para que os alimentos se manteñan frescos durante moito tempo, o aire ten que estar húmido. Podes facelo se colocas un cunco de auga no peitoril e colgas froitas e verduras en cestas e redes con ventilación natural. E que facemos cos espárragos? Envólveos nun trapo mollado. Agora todo está accesible para a hora da cociña e ofrece un aspecto fermoso.

Velaquí todos os sistemas de almacenaxe en parede
Velaquí todos os sistemas de almacenaxe en parede

Receitas para preservar os alimentos

Algúns compañeiros de cociña merecen (e ofrecen) un pouco máis de atención. Por exemplo, podes usar uns cantos espetos para dividir a cesta e evitar que as berenxenas da parte superior estraguen as que están debaixo. Ademais, se gardas as cenorias nun lugar húmido, axudarás a preservar o seu frescor.

Ver todos os cestos
Ver todos os cestos

Garda os alimentos a piques de caducar cun recordatorio

As datas de caducidade próximas xa non serán un problema! Dedica unha parte da túa neveira para as cousas que estean a piques de caducar ou que cres que vas ter que usar pronto. Ademais de ser un bo recordatorio, esta organización dos alimentos pode inspirar novas e saborosas receitas.

Ver todos os divisores de caixóns
Ver todos os divisores de caixóns

Aproveita os restos

As peles e os restos de vexetais son ideais para botalos… nunha pota. Engade auga, deixa que se fagan a modo, filtra a auga e sazónaos cun chisco de sal. Acabas de preparar un saboroso caldo que podes usar como base para outros pratos. (queda moi ben con carnes e mariscos). Sírveo xa mesmo ou conxélao en cubiños que podes usar outro día.

Velaquí todos produtos de cociña e louza
Velaquí todos produtos de cociña e louza

Proba para saber se un ovo está fresco con auga

Normalmente, os ovos pódense comer incluso se pasa a súa data de caducidade. Se non tes a certeza de se están frescos, podes facer esta pequena proba. Coloca un ovo na auga. Se queda no fondo en horizontal, o ovo está ben. Se queda no fondo en vertical, tes que consumilo pronto (ou cocelo). Se flota, desbótao.

Ver todas as cuncas
Ver todas as cuncas

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.