Saltar

Acabáronse as escusas para non levar a friameira!

Unha friameira é un bo hábito por moitos motivos, mais como a podes preparar? Fixemos unha lista que invalida as catro maiores escusas para non levala preparada. Bo proveito!

Unha muller na cociña cun mandil posto sostén entre as mans un tarro de vidro cheo dunha colorida ensalada en capas.
Unha muller na cociña cun mandil posto sostén entre as mans un tarro de vidro cheo dunha colorida ensalada en capas.

1. "Non ten pinta de estar bo"

Fai que sexa apetecible. Isto é tan sinxelo que pode parecer innecesario, mais sen dúbida marca a diferenza. Unha ramada de herbas aromáticas frescas daralle unha nova dimensión gastronómica tanto aos restos como ás comidas conxeladas. Se tes dabondo para unha ensalada lévaa á parte nun recipiente pequeno.

Velaquí todos os testos e xardineiras con flores
Velaquí todos os testos e xardineiras con flores

2. "Ocupa demasiado espazo"

Reserva un espazo compacto para os recipientes. Ter un lugar fixo para as friameiras reduce ao mínimo o espazo necesario. Reserva un caixón da cociña e utiliza un organizador para tapas de potas para ter sempre listos os recipientes e as tapas.

Velaquí todas as opcións de organización e almacenaxe da comida
Velaquí todas as opcións de organización e almacenaxe da comida

3. "Non teño tempo"

Comeza a preparación con tempo (acabarás agradecéndoo). Emprega unha parte da túa fin de semana para aforrar unha chea de tempo durante a semana. Prepara unha gran cantidade de comida e conxélaa en racións. Deste xeito saberás o que comes, o teu xantar será máis sostible e o custo será menor. Para variar, prepara receitas distintas ou intercambia comidas cos teus compañeiros de xantar.

Velaquí todas as friameiras
Velaquí todas as friameiras

4. "É demasiado choio e hai que lavar moito"

Un tarro ou recipiente de vidro poden ser a friameira ideal. Poderás gardar todo, dende sopas ata ensaladas, e poderás comer directamente dende o recipiente (menos cousas que limpar). Ademais, podes preparar a comida en capas para da a esa saborosa comida unha bonita presentación. Cal é o problema?

Velaquí todas as opcións de organización e almacenaxe da comida
Velaquí todas as opcións de organización e almacenaxe da comida

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.