Saltar

Como escoller o material da túa mesa de comedor

As mesas de comedor son esenciais para o fogar, así que é importante elixir un material práctico e resistente que se adapte ao teu estilo persoal. Cal é a diferenza entre madeira resistente e madeira conífera? Que che parece un chapado de madeira resistente ou melamina? Velaquí a nosa guía de algúns dos materiais máis comúns e que ter en conta para cada un.

Un mesado LISABO de chapado de freixo con cuncas de café e unha táboa de cortar cun bote de mel e uns boliños.
Un mesado LISABO de chapado de freixo con cuncas de café e unha táboa de cortar cun bote de mel e uns boliños.

Madeira resistente maciza

A madeira maciza natural é cálida e acolledora, e as especies de madeira resistente como a acacia, o freixo e o carballo son naturalmente resistentes debido á alta densidade das súas fibras de madeira. A madeira resistente envellece de forma fermosa, a cor vólvese máis profunda e brillante co tempo. Os diferentes deseños nas vetas e os cambios de cores forman parte do seu encanto natural que fornece unha peza verdadeiramente única.

Velaquí todas as mesas comedor
Velaquí todas as mesas comedor

Madeira conífera maciza

A madeira conífera, coma o abeto e o piñeiro, tamén é duradeira, pero ao non ser tan densa coma a madeira resistente, pódese rabuñar máis facilmente. Acotío, a madeira conífera ten unha cor máis clara ca a madeira resistente e adoita ter nós visibles que lle dan un toque único aos mobles. Se coidas e fas un mantemento da madeira (para iso, renova a capa de verniz), poderás desfrutar da túa mesa de madeira conífera durante moitos anos.

Velaquí todas as mesas comedor
Velaquí todas as mesas comedor

Chapado de madeira resistente

O chapado de madeira resistente ten o aspecto e o tacto da madeira natural e ten unha superficie duradeira e fácil de coidar que aguantará os golpes das cadeiras, os cativos e os xoguetes. A capa superior de duradeira madeira resistente cubre un aglomerado pesado para crear unha superficie forte e estable que ten menos probabilidades de cuartearse ou deformarse ca a madeira maciza.

Velaquí todas as mesas comedor
Velaquí todas as mesas comedor

Melamina

A melamina é moi duradeira e fácil de limpar, polo que ofrece unha excelente relación calidade-prezo. O material é unha boa escolla para familias con nenos, xa que é resistente á humidade e ás rabuñaduras, así como a derramamentos, golpes de xoguetes, choques e salpicaduras. Combinado cun marco robusto, obtés unha mesa que resistirá as probas máis duras.

Velaquí todas as mesas comedor
Velaquí todas as mesas comedor