Saltar

3 consellos para mercar unha mesa de comedor

Comprar unha mesa de comedor é unha decisión bastante importante. Ao fin e ao cabo, adoita ser unha das partes que máis se usan do fogar, dende para xogar ata para traballar, e por suposto para comer. Velaquí 3 cousas que ter en conta para escoller a mesa de comedor dos teus soños.

Almorzo preparado sobre unha mesa EKEDALEN branca con cadeiras negras e dúas lámpadas colgantes negras e debuxos de cativos nunha parede que hai detrás.
Almorzo preparado sobre unha mesa EKEDALEN branca con cadeiras negras e dúas lámpadas colgantes negras e debuxos de cativos nunha parede que hai detrás.

1. Tamaño: cantas persoas van sentar nela?

Comeza a pensar en como usarás a mesa. Por exemplo, cando comas haberá só pratos e cubertos ou terás tamén unha morea de fontes? Cada persoa precisa un espazo de aproximadamente 60 cm para comer, e precísase unha separación mínima de 80 cm entre a mesa e o que haxa tras ela, pero neste caso, canto máis, mellor. Se non tes suficiente espazo para unha mesa de comedor grande, considera adquirir unha mesa extensible.

Velaquí todas as mesas comedor
Velaquí todas as mesas comedor

2. Forma: que decida o cuarto

As mesas rectangulares son perfectas para comedores ateigados e para usar bancos, que se poden gardar baixo a mesa. Tamén ofrecen moito espazo porque podes usar os 4 lados. As mesas redondas ou ovais adoitan requirir un cuarto de maior tamaño pero equilibran ben un cuarto cadrado e permiten que sente máis xente. As mesas cadradas son boas para falar, porque todo o mundo pode mirarse.

Velaquí todas as mesas comedor
Velaquí todas as mesas comedor

3. Material: escolle un adecuado para o teu estilo de vida

Se tes cativos ou unha mesa de comedor que tamén actúa como escritorio, escolle un material duradeiro como madeira maciza, chapado de madeira resistente forte ou melamina. Todas as nosas mesas con superficie de madeira trátanse cunha laca potente que protexe o mesado de rabuñaduras e do esvaecemento da cor, polo que durante moitos anos non terás que preocuparte polo seu mantemento.

Velaquí todas as mesas comedor
Velaquí todas as mesas comedor