Saltar

Os segredos do sono dos bebés

Os bebés adoitan durmir dabondo. Están deseñados para iso e poden durmir ata 20 horas ao día durante os primeiros seis meses. E é nese momento cando máis medran, tanto física como mentalmente. O sono é un estado natural, pero iso non lles impide ter o seu propio horario, que probablemente non diferencie entre o día e a noite. Isto significa que tamén tes que reparar nas horas que dormes ti. Despois de todo, o bebé precisa a mellor versión de ti.

Un bebé ledo está deitado nunha manta GULSPARV enriba dunha cama coa nai agarrándolle os pés e sorríndolle.
Un bebé ledo está deitado nunha manta GULSPARV enriba dunha cama coa nai agarrándolle os pés e sorríndolle.

Seguridade para o sono dos bebés

Os meniños que acaban de nacer non súan. As súas glándulas aínda se están a desenvolver, polo que non poden regular a súa temperatura. Os sacos de durmir sen mangas para bebés, con interiores de algodón 100 % de cultivo sostible, como o RÖDHAKE, foron desenvolvidos como unha solución segura e saudable de manter unha temperatura corporal uniforme, sen os riscos que implican os tecidos soltos.

Velaquí todos os sacos de durmir para bebés
Velaquí todos os sacos de durmir para bebés

Pel con pel

Cada vez hai máis probas dos beneficios do contacto pel con pel, como deitar o meniño no peito da nai (especialmente cando acaba de nacer). Isto ten un efecto calmante tanto no bebé como en ti, así como un efecto regulador de moitas actividades biolóxicas. Ter o bebé no peito pode ser eficaz para acougalo e durmilo.

Velaquí todas as mantas e colchas
Velaquí todas as mantas e colchas

Unha acolledora zona infantil no teu dormitorio

Non precisas ter un cuarto enteiro para o bebé para creares un espazo que sexa como un acolledor santuario. Mesmo podes habilitar unha zona no teu dormitorio. Non esquezas detalles como unha luz de noite, un móbil de berce e un sitio cómodo no que sentar e alimentar o teu bebé.

Velaquí todas as cadeiras de brazos e chaiselongues
Velaquí todas as cadeiras de brazos e chaiselongues

Todos cantamos nanas

Os arrolos das nanas son universais. En América cantan "Rock-a-bye baby"; en Suecia, "Mors Lilla Olle" e na China, "Shi shang zhi you mama hao". O movemento de arrolo ten un efecto tranquilizante en todas as persoas, tanto no teu meniño como en ti.

Un berce que crece co teu pequeno

Para os meniños que acaban de nacer, a maneira máis segura de durmir é sós nun berce, sen almofada, xoguetes nin roupa de cama. As bases axustables permiten colocar o berce nunha posición alta para meniños que acaban de nacer, e á medida que van medrando, baixar a base (e separar un lateral). Tamén podes engadirlle un protector, como o protector LENAST.

Velaquí todos os berces
Velaquí todos os berces

Feito con tecidos máxicos...

Os téxtiles para nenos IKEA están feitos principalmente de algodón ou lyocell cultivados de maneira sostible, que son materiais naturais e suaves en contacto coa pel. O lyocell é unha fibra feita de pasta de madeira e ten propiedades case máxicas, como extraer a humidade da pel para manter o seu fillo cómodo.

Velaquí todos os téxtiles para nenos
Velaquí todos os téxtiles para nenos

Crea a túa zona infantil

Cando estás a preparar unha zona infantil para o teu pequeno, tamén fas un espazo para ti. Repara nas cousas que precisas. Asegúrate de ter espazo dabondo ou un cambiador de fácil acceso e que estea a unha altura cómoda para ti. Coloca os artigos básicos e a roupa de xeito que poidas acceder a eles facilmente. Inclúe un asento cómodo que poida funcionar tamén como cama cando se precise.

Velaquí todos os mobles infantís
Velaquí todos os mobles infantís

Dormes dabondo?

Os koalas son os campións do mundo nisto de durmir. Fano ata 22 horas ao día. Pero o teu bebé tamén podería estar no podio. Aínda que o bebé che deixará pouco tempo, procura que algunhas desas horas de sesta sexan comúns para ambos. Pode que non sexas un koala, pero abofé que tampouco es unha xirafa (que só dormen un par de horas ao día repartidas en breves cabezadas...sóache?).

Velaquí a guía para durmir mellor
Velaquí a guía para durmir mellor