Saltar

Ideas de almacenaxe que lles gustan aos nenos

Xoguetes, roupa, libros... Os nenos precisan moitas cousas e parece que o que necesitan cambia continuamente. Velaquí algunhas ideas para axudarte coa almacenaxe para o teu pequeno e facerlle máis fácil gardar e organizar as súas cousas el mesmo.

Cuarto infantil con liteira TUFFING, almacenaxe TROFAST e unha zona para sentar cunha alfombra de ximnasia pregable PLUFSIG.
Cuarto infantil con liteira TUFFING, almacenaxe TROFAST e unha zona para sentar cunha alfombra de ximnasia pregable PLUFSIG.

Mantén as cousas á man

Un colgadoiro FLISAT con 4 ganchos preto dun cambiador é ideal para gardares cousas e manter o teu bebé ocupado mentres lle cambias o cueiro. A medida que crece o teu fillo, el mesmo pode manter as súas cousas organizadas cun colgadoiro á altura axeitada para el.

Velaquí todos os ganchos e sistemas de organización en parede
Velaquí todos os ganchos e sistemas de organización en parede

Almacenaxe para as cousas máis pequenas

Ademais dun garaxe para trens, os teus fillos atoparán que a caixa con tapa GLIS é perfecta tamén para cousas máis pequenas, como bolígrafos e lapis. É transparente, polo que é fácil ver onde está todo. Se tes máis dunha caixa, podes amontoalas unha enriba da outra para aforrares espazo.

Velaquí todas as caixas e cestas para nenos
Velaquí todas as caixas e cestas para nenos

Casas organizadas para todos os xoguetes

Organizar e almacenar os xoguetes e as cousas para debuxar será moi doado coa serie de almacenaxe de xoguetes TROFAST. Unha resistente estrutura de madeira sostén as caixas de plástico, que o pequeno pode quitar facilmente, levalas para xogar e volvelas colocar no seu sitio.

Velaquí a serie de almacenaxe para xoguetes TROFAST
Velaquí a serie de almacenaxe para xoguetes TROFAST

Onde a roupa non se pode agochar

Os teus pequenos teñen dificultades para atopar cousas como, por exemplo, calcetíns? Unha forma fantástica de facilitarlles esta tarefa é dividir e organizar o interior dos seus caixóns con algunhas caixas RASSLA con compartimentos. Encaixan perfectamente nos caixóns de almacenaxe STUVA.

Velaquí todos os accesorios para interiores STUVA
Velaquí todos os accesorios para interiores STUVA

Ordenar e volver atopar

O traballo de ordenar os xoguetes axilízase se se dispón dunha caixa de almacenaxe como esta caixa VESSLA. Os teus fillos tamén poderán atopalos de novo facilmente ao velos na caixa.

Velaquí todas as caixas e cestas para nenos
Velaquí todas as caixas e cestas para nenos

Unha práctica cama supletoria

Ás veces, a única maneira de manter afastados os pesadelos é que ti durmas preto. Faino máis doado cuns ganchos na parede do seu dormitorio para poñer un colchón de reposto e unha cama como esta, con caixas de almacenaxe debaixo para a roupa de cama. Tamén é perfecto por se algún amigo queda a durmir.

Velaquí todas as camas para nenos
Velaquí todas as camas para nenos

Fomenta o seu hábito lector

Podes facilitarlles a busca do seus libros favoritos coa almacenaxe en parede ou o expositor de libros FLISAT. A almacenaxe en parede é moi práctica para gardar todo tipo de cousas e o expositor de libros é fácil de transportar, polo que podes levar todos os libros onde lle queiras ler un conto ao teu pequeno.

Velaquí a serie FLISAT
Velaquí a serie FLISAT