Saltar

Axudamos aos teus fillos a crear

Aos nenos encántalles ser creativos coas artes e a artesanía. Estas actividades estimulan habilidades motoras finas e o pensamento lóxico e, ademais de facelos sorrir, axúdalles a estar tranquilos e concentrados. A continuación mostrámosche algunhas formas de animalos a facer estas actividades e a mostrar os resultados.

Unha cadeira para nenos MAMMUT rosa preto dunha cama BUSUNGE e unha parede cuberta de marcos FISKBO con debuxos de nenos.
Unha cadeira para nenos MAMMUT rosa preto dunha cama BUSUNGE e unha parede cuberta de marcos FISKBO con debuxos de nenos.

Diversión que habedes lembrar

Pintar e crear cousas cos teus fillos significa máis que horas de diversión. Viviredes momentos que nunca esqueceredes e pasaredes tempo xuntos.

Velaquí todos os obxectos de artesanía
Velaquí todos os obxectos de artesanía

Moitos artistas; moito material

Non importa cantos artistas aparezan, terás material dabondo para todos coa serie MÅLA. Hai de todo, desde pinturas e rotuladores de cores ata rolos de papel de debuxo de 30 metros de longo.

Velaquí a serie MÅLA
Velaquí a serie MÅLA

A caixa de ferramentas dun artista organizado

Os nenos non sempre queren esperar mentres ti recolles lapis. O interior da caixa de manualidades LUSTIGT divídese en compartimentos para que poidas ter as cousas ordenadas e atopalas rapidamente, como tesoiras, papel ou fita. Ademais, podes collela e levar o material alá onde os teus fillos queiran poñerse creativos.

Velaquí todos os obxectos de artesanía
Velaquí todos os obxectos de artesanía

O estudio dun artista que comeza

Podes ter unha zona especial con todo o que o teu fillo necesite para desenvolver as súas artes e artesanías, incluídos unha mesa e tallos de tamaño infantil. Isto poríalles as cousas máis doadas no momento de usar e ordenar os obxectos.

Velaquí todos os mobles para nenos
Velaquí todos os mobles para nenos

Unha galería en constante cambio

Por que non enmarcar algunhas das túas obras de arte favoritas? Se as mostras no sistema de almacenaxe en parede FLISAT, podes cambiar os debuxos rapidamente a medida que os teus fillos vaian producindo novas obras mestras.

Velaquí todos os marcos e fotografías
Velaquí todos os marcos e fotografías

Unha galería moi persoal

Podes combinar debuxos dos teus fillos, fotos familiares, espellos e moito máis para conseguir unha parede de galería que faga a túa casa aínda máis persoal.

Velaquí todos os espellos de parede
Velaquí todos os espellos de parede

Apetéceche unha alfombra feita á man?

Co tear LUSTIGT, os teus fillos poderán tecer cousas como unha alfombra para os seus xoguetes en diferentes materiais, como fío ou mesmo cordóns de zapatos. Este tradicional oficio artesán desenvolve as habilidades motoras finas e a capacidade de concentración. Inclúe instrucións de tecido para axudar a que a súa creatividade comece a voar.

Velaquí todos os obxectos de artesanía
Velaquí todos os obxectos de artesanía

Papel con moito xogo

O papel é un deses materiais básicos para manualidades que sempre é bo ter na casa para debuxar ou cortar. Por que non engadir tamén o papel origami LUSTIGT? Esta fermosa arte desenvolve a imaxinación do teu fillo, as súas habilidades motoras finas e o pensamento lóxico.

Velaquí todos os obxectos de artesanía
Velaquí todos os obxectos de artesanía