Un espazo para os contos de fadas e o descanso

Decoración alegre, resistencia e espazo para relaxarse en privado, revestido todo dun estilo tradicional. Un cuarto infantil de calidade que nunca envellece.

O armario SUNDVIK pode medrar co neno, xa que nel caben perchas de tamaño adulto; ademais, as portas teñen unha función de peche suave coa que se reduce o ruído.

A cama SUNDVIK é extensible e atemporal, polo que o neno poderá seguir usándoa cando medre ou cambie de gustos.

A roupa de cama KÄPPHÄST xunta un alegre estampado de xoguetes que lles encanta aos nenos coa sostibilidade que valoran os adultos, xa que está feita con algodón 100 % producido de xeito sostible.

A luz suave e cálida contribúe a que o neno se relaxe, polo que é perfecta para deitarse a durmir.

É divertido ter os mesmos mobles que os adultos! Unha cadeira STRANDMON en miniatura engade un toque clásico aos cuartos infantís (e ademais é moi cómoda).

Cunha mesa infantil o neno terá un lugar para xogar ás cafeterías, facer traballos manuais e outras afeccións.