Compartir é sinónimo de cariño

Antes de nada, parabéns polo novo membro da familia! Ensinámosvos a crear unha combinación de dormitorio e cuarto infantil na que poidades acurruncharvos, descansar e durmir co voso bebé.

As cortinas ORDENSFLY diminúen a luz ambiental e contribúen a crear un espazo íntimo, ideal para as sestas durante o día. Pódense combinar cun estor que non deixe pasar a luz para maior comodidade a calquera hora do día.

O reloxo KLOCKIS axuda a controlar a temperatura do dormitorio, para favorecer o descanso. Ademais, ten outras funcións intelixentes: hora e data, temporizador e conta atrás.

Mesa cambiadora con moitos estantes moi prácticos para ter á man todo o necesario (e non ter que soltar o bebé para collelo).

Os estantes colgados na parede poden usarse como mesiña de noite cando hai un berce a carón da cama.

A mesiña de noite HEMNES é moi práctica como mesa auxiliar a carón dunha cadeira de brazos, por exemplo, para ler o conto de antes de durmir.