Saltar

Unha vida máis tranquila con paneis para amortecer o son

Os paneis de absorción de son ODDLAUG están constituídos por uns discos de tecido suave que reducen o nivel de ruído no cuarto. Colócaos formando cortinas, doseis, obras artísticas ou como queiras. Podes penduralos de barras ou guías de cortinas de raíl VIDGA. Cada lado do panel ten diferentes cores para que os dispoñas segundo o teu estilo.

Un dormitorio cunha cama SLATTUM xunto a unha fiestra. Sobre a cama, un dosel feito de paneis de absorción de son ODDLAUG.
Un dormitorio cunha cama SLATTUM xunto a unha fiestra. Sobre a cama, un dosel feito de paneis de absorción de son ODDLAUG.

Menos ruído, mellor descanso

Poñer paneis de absorción de son ODDLAUG a carón da túa cama axudarate a durmir mellor, xa que terás menos ruídos molestos. Tamén son unha boa opción para creares un ambiente máis tranquilo e acolledor. Aquí, os paneis penduran dunhas guías de cortinas de raíl VIDGA facendo un dosel.

Ver prezos e detalles dos paneis ODDLAUG
Ver prezos e detalles dos paneis ODDLAUG

Divisores de espazos que reducen o ruído

Se queres utilizar un mesmo cuarto para diferentes actividades, podes dividir o espazo con cortinas feitas de paneis ODDLAUG. Coloca capas de cortinas co sistema VIDGA. Abonda correr as cortinas cando queiras tapar unha zona.

Ver a serie VIDGA
Ver a serie VIDGA

Mesmo unha pequena cortina pode axudar

Non é preciso que illes cada zona totalmente. Aquí, unha estreita cortina feita de paneis ODDLAUG pendurada dunha guía de cortina dun raíl VIDGA abonda para dividir unha cómoda zona de sofá da oficina na casa.

Ver a serie VIDGA
Ver a serie VIDGA

Arte para os teus ouvidos

Veciños ruidosos? A televisión demasiado alta? Cos paneis ODDLAUG é moi doado crear o teu propio deseño de calquera forma e tamaño para reducir o ruído no fogar. Un xeito de facelo é pendurando paneis ODDLAUG dunha barra de cortina na parede.

Ver todas as barras de cortinas
Ver todas as barras de cortinas

Mestura cortinas

Por que non combinar o que fagas cos paneis de absorción de son ODDLAUG con outras cortinas para creares unha solución de teu que reduza o nivel de ruído?

Ver todas as cortinas
Ver todas as cortinas

Deseña os teus propios proxectos de cortinas con guías de raíl

Estás pensando en poñer cortinas con guías de raíl? Quizais varias capas de cortinas nunha xanela? Unha cortina para dividir un espazo en diferentes zonas? Se é así, por que non fas o deseño desde cero por medio do planificador VIDGA?