Saltar

Transformar o teu dormitorio nun espazo cálido e acolledor

Por que non converter o teu cuarto nun relaxante refuxio contra o frío? Un lugar onde poidas soñar, pasar o tempo, prepararte para o día seguinte ou pensar nas cousas que xa pasaron. Sentirse a gusto e en paz é fundamental para poder durmir ben polas noites.

A base dunha lámpada de traballo ARÖD, unha cunca e un libro cunhas lentes enriba nunha mesa de noite.
A base dunha lámpada de traballo ARÖD, unha cunca e un libro cunhas lentes enriba nunha mesa de noite.

En busca dun efecto multicapa?

O primeiro é a cama. As capas poden darlle un aspecto acolledor de xeito instantáneo. Poderías incluso probar a tirar a casa pola xanela e engadir colchas, mantas e coxíns: demasiado non é suficiente.

Velaquí toda a roupa de cama
Velaquí toda a roupa de cama

Un tacto suave para os teus pés

Non hai nada que lles guste máis aos pés que afundirse nunha alfombra suave nada máis espertar, especialmente nos días fríos. Ademais, unha alfombra suave axuda a darlle un aspecto e unha sensación acolledores ao teu cuarto.

Velaquí todas as alfombras
Velaquí todas as alfombras

Crea o ambiente que queres xogando cos téxtiles

Divírtete usando téxtiles no teu cuarto. Por que non crear un efecto refuxio ao redor da túa cama? Ou colgar diferentes teas da parede para darlle un toque de emoción?

Velaquí todas as teas
Velaquí todas as teas

Edredóns que se adaptan a ti

Acocharse nun edredón quentiño tradúcese en comodidade instantánea nos meses fríos. A gama de edredóns de IKEA ofrece unha morea de opcións diferentes que che axudan a encontrar o edredón que máis se axusta á época do ano e ao teu corpo, sen importar se fóra fai frío ou calor.

Velaquí todos os edredóns
Velaquí todos os edredóns

Unha xuntanza familiar

Cando fóra sopra o vento, que mellor lugar que o teu dormitorio para facer unha xuntanza familiar? Combina a calidez de estar coa familia coa calidez que che proporcionan todos os coxíns, edredóns e almofadas e organiza unha gran festa de pixamas, pero coida que ninguén se arrole de máis!

Velaquí toda a roupa de cama
Velaquí toda a roupa de cama

Cortinas que manteñen a calor dentro

As cortinas opacas son unha gran idea se queres evitar que entre luz no cuarto, ademais dos outros moitos beneficios que agochan. O acabado sólido é o truco para darlle un toque acolledor e máis quentiño aos cuartos xa que tamén manteñen a calor dentro.

Velaquí todas as cortinas
Velaquí todas as cortinas