Saltar

Menos luz, mellor descanso

Con cortinas ou estores opacos, podes estar seguro de que as túas prezadas horas de sono non son interrompidas polo luar nin pola luz da rúa. Ademais, poderás apurar os teus últimos momentos de sono sen que te esperte a luz pola mañá.

Dormitorio cunha cama no medio e xanelas con cortinas INGERT e estores opacos TRETUR medio baixados.
Dormitorio cunha cama no medio e xanelas con cortinas INGERT e estores opacos TRETUR medio baixados.

Instalación moi sinxela

Podes cortar as persianas opacas SCHOTTIS ao tamaño que desexes. Son moi doadas de instalar no marco da xanela. Non é preciso furar a parede.

Ver todos os estores
Ver todos os estores

Estores eléctricos opacos

Cos estores opacos FYRTUR podes configurar un temporizador para que estean pechados mentres dormes pola noite e que se abran pola mañá para que espertes coa luz do día. Podes controlalos mediante un mando a distancia, mediante a aplicación IKEA Home Smart (que inclúe un temporizador) ou mediante Amazon Alexa, Apple HomeKit ou Google Home.

Ver todos os estores eléctricos
Ver todos os estores eléctricos

Curtinas (practicamente) opacas

Ademais de cortinas opacas, tamén podes ter cortinas de escurecemento como estas, que deixan pasar unha pequena cantidade de luz. Normalmente teñen cores máis vivas que as opacas, polo que terás máis opcións para escoller.

Ver todas as cortinas
Ver todas as cortinas

Escuridade no salón

Tamén podes empregar estores opacos no salón para evitar reflexos na pantalla da televisión os días de moita luz ou, se che gusta ver as películas de medo en total escuridade, para pasar un tempo realmente terrorífico. Engade unhas cortinas para darlle un toque máis acolledor e cálido.

Ver todas as cortinas e estores
Ver todas as cortinas e estores

Deseña os teus propios proxectos de cortinas con guías de raíl

Estás pensando en poñer cortinas con guías de raíl? Quizais varias capas de cortinas nunha xanela? Unha cortina para dividir un espazo en diferentes zonas? Se é así, por que non fas o deseño desde cero por medio do planificador VIDGA?