Fai un dosel para a túa cama
Soñas cun refuxio confortable? Pon un dosel na túa cama con cortinas e raís de teito. Sigue a guía paso a paso que se indica a continuación.


Esta información refírese a unha cama de 160x200 cm. Segundo o tamaño da túa cama, pode ser que precises outras cantidades.
Deseña os teus propios proxectos de cortinas con guías de raíl
As guías de raíl VIDGA poden facer realidade outros moitos soños, desde poñer nunha xanela varias capas de cortinas a facer que un espazo pequeno pareza grande dividíndoo con cortinas. Podes usar o planificador VIDGA para deseñalo primeiro e descubrir que é o que precisas.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.